24 DE OUTUBRO- DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

 

"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares . A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO,  e ten suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do alumnado.

Así, a biblioteca escolar pode ser a base desde a que explorar o mundo real, pero tamén os mundos imaxinarios; os materiais impresos e os recursos electrónicos achégannos informacións sobre todo aquelo que queremos coñecer e comprender; é un espazo para a investigación individual e para o traballo en equipo; é un espazo integrador cheo de oportunidades de aprendizaxe.

 

O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións"chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo;    a descubrir novos mundos, o nosos mundo, a nosa xente, o noso entorno,   e inventar e descubrir novas cousas, novos proxectos, e compartir o aprendido, o investigado, o que non se sabe, o que se quere saber, ...

E Paulino convidounos a este espacio máxico que é a nosa biblioteca e con ela as cariñas dos nosos peques enchéronse desa luz que so a ilusión é capaz de iluminar. Os nenos/as de 5º axudáronnos moitísimo no descubremento das distintas zonas da biblioteca, do seu uso, das súas normas, do respecto, do valor, da ledicia de compartir os contos, os libros, a maxia que nela se esconde.