Skip to Content

Visítanos a Garda Civil para previr o Acoso Escolar

O alumnado do terceiro ciclo de primaria recibiu a visita da Garda Civil para falar sobre acoso escolar e seguir aprendendo sobre a importancia de saber recoñecelo e actuar ante estas situacións.

Pleno Infantil polo Dia Internacional dos Dereitos da Infancia

Con motivo da celebración do Día Internacional dos Dereitos da Infancia, as nenas e nenos de 6º de Educación Primaria participaron no Pleno Infantil organizado polo Concello de Tomiño.

Este ano as intervencións estiveron destinadas a mellorar a participación infantil e xuvenil do concello.

Visítanos Susa Herrera!

Este mes recibimos a visita de Susa Herrera na biblio e fíxonos cantar e bailar a todas e todos cos seus contos!

Moitas grazas!!!

Xa chegou o Samaín!

O pasado martes, 30 de outubro, celebramos o Samaín no CEIP Barrantes, a data máis aterradora do ano. No centro fixemos unha pequena investigación sobre diferentes personaxes mitolóxicas e o alumnado e as súas familias participaron nunha exposición de zapatos de bruxa que foi todo un éxito!!

Ese mesmo día, realizáronse uns obradoiros nas aulas de merendas mostruosas que logo degustamos todas e todos xuntos no patio.

Unha vez rematada a merenda contamos cunha sesión de música e baile e...

Pasámolo terrorificamente ben!

Magosto

O pasado mes de outubro celebramos o Magosto en Barrantes con outra edición de xogos populares. Despois de abrir apetito xogando chegou a hora de degustar as castañas, momento que foi moi especial por poder compartilo coas familias. Como nos gustan as castañas e que ben o pasamos!

 

Inauguramos a Biblio coa visita de Yolanda Castaño!

No día de hoxe, 8 de outubro de 2024, inauguramos a nosa biblioteca escolar coa presenza da poetisa Yolanda Castaño.

Ao longo da mañá, celebráronse dous obradoiros. Os máis pequenos puideron gozar de "Contacontos en verso!" e, os máis maiores do cole, xunto coas súas familias, puxéronse a compoñer poesía no obradoiro titulado "A poesía non morde!"

Foi incrible esta xornada e queremos aproveitar para dar as grazas as familias participantes e, por suposto, a Yolanda, por compartir connosco a súa gran paixón desde os 8 anos!!!

 

  

Comenzando o curso con moito deporte!

A pasada semana tivemos unha visita moi interesante, onde as nenas e os nenos de primaria puideron practicar un novo deporte, o tenis. Visitáronnos de "Coñece o teu club" para promocionar esta actividade deportiva.

FIN DE CURSO 2023-2024

Despedímonos dun curso marabilloso da mellor maneira, todos xuntos no Turonia!

Gozade dunhas merecidas vacacións para voltar en setembro coas pilas ben cargadas!

 

VII CERTAME LITERARIO

Outro ano máis celebramos o certame literario no CEIP de Barrantes, que xa vai pola súa sétima edición.

Os cursos de infantil participaron na categoría de ilustración, mentres que primaria podía presentar obras en forma de conto, poesía ou banda deseñada.

Os gañadores do certame foron:

  • Infantil: Sonia (4º), Aya (5º) e Gabriela (6º).
  • Primaria: Mateo (1º), Emma (2º), Neyzan (3º), Anxo (4º), Lucas (5º) e Lois (6º).

Aquí tedes todas as obras presentadas!

Solicitude de axudas (libros de texto e material escolar)

 

 

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publicou a  ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). (DOG 20-05-24)


O prazo para presentar solicitudes remata o 21 de xuño.

Adxúntase nota informativa e anexos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut