Skip to Content

Plan Dixital

O CEIP de Barouta foi seleccionado para formar parte da rede de Polos Creativos

O CEIP de Barouta foi seleccionado para formar parte da rede de centros dos Polos Creativos no curso 2022-2023.

O proxecto presentado polo CEIP de Barouta céntrase na creación de espazos tecnolóxicos para desenvolver os proxectos que xa estamos a traballar, e foi seleccionado con unha das mellores puntuacións dos presentados.

O noso Plan Dixital de Centro, quere darlle especial importancia ao traballo dende os Polos Creativos, facendo fincapé na idea de espazos abertos a toda a Comunidade.

Dende o Claustro de Barouta estamos ilusionados con esta nova oportunidade para desenvolver a nosa idea de centro, dende unha visión innovadora e de traballo baseado en proxectos.

Estratexia Dixital Barouta - Plan Dixital de Centro

O CEIP de BAROUTA, a través do seu Plan Dixital de centro, participa na "Estratexia Educación Dixital 2030".

Esta estratexia trata de impulsar o desenvolvemento das experiencias dixitais na Comunidade Educativa, mediante dous obxectivos claramente definidos:

  1. Impulsar competencias do alumnado en materia de novas tecnoloxías.
  2. desenvolver un ecosistema educativo dixital de alto rendemento.

Contamos cun equipo TIC que coordinará, dinamizará e implementará o noso Plan Dixital.

Convidámosvos a que leades o noso Plan Dixital para coñecer as liñas de actuación que imos desenvolver a partires do curso 2022-2023.

Distribuir contido


by Dr. Radut