MeteoBarouta é o Proxecto de estación metereolóxica que estamos a desenvolver en Barouta.
O CEIP de Barouta vai instalar a súa propia estación metereolóxica para que todo o alumnado poida traballar aspectos realcionados con ela.
Datos de MeteoBarouta.
A estación componse de varios elementos de medición e recollerá os datos para poñelos a disposición de todo o mundo a través dos aplicativos:
• WeatherCloud
• Weather Underground
(Aínda non dispoñibles)
Elementos da estación metereolóxica.
- Termómetro: recolle a temperatura exterior.
- Higrómetro: recolle a humidade do ambiente.
- Barómetro: mide a presión do tempo.
- Pluviómetro: recolle a cantidadde de auga caída ben sexa en forma de choiva, granizo...
- Anemómetro: mide a velocidadde do vento.
- Catavento: mide a dirección do vento.
VER PRESENTACIÓN DA ESTACIÓN METEREOLÓXICA FEITA POLO ALUMNADO
Os obxectivos básicos que queremos traballar a través da estación son:
- Observación de fenómenos climáticos e seguimento dos mesmos no tempo.
- Coñecer os principais elementos metereolóxicos.
- Recoller datos, facer seguimento dos mesmos en determinados periodos de tempo e representalos gráficamente.
- Traballar aspectos de tódalas áreas do currículo: matemáticas, linguas, ciencias, idiomas, …
PARA SABER MÁIS:
¿Sabes quen é Eugenia Kalnay?
EUGENIA KALNAY
ACCEDE PARA CONSULTAR O TEMPO DE METEOBAROUTA
(Dispoñible en breve)