Creando con Hervé Tullet
Na clase de Art estivemos experimentando coa obra de Hervé Tullet, colaborando no proxecto "La exposición ideal" baseado na arte e na estética deste artista.
MAGOSTO NO COLE
Hai uns días celebramos o cole o noso MAGOSTO, un fantástico día de xogos e diversión.
Welcome teacher Linda!
A teacher Linda chegou dende Florida en Estados Unidos para ensinarnos English e moitas cousas sobre a súa cultura! Thank you Linda, nice to meet you!
SAÍDA 3º PRIMARIA A CORREOS
O alumnado de 3º escribiu unha carta aos seus avós ou avoas. Cheos de ilusión, o luns pasado acudiron á oficina de correos máis chegada ao colexio para botar as cartas no buzón.
EMOCIOMARTES: VOCABULARIO EMOCIONAL
O noso alumnado ten cada vez un mellor coñecemento do vocabulario emocional de cara a traballar a conciencia emocional. Se somos capaces de por nome as nosas emocións e sentimientos, poderemos mellor XESTIONAR estas.
En educación infantil traballaron a identificación das emocións no corpo, na expresión da cara con diferentes xogos e dinámicas.
En educación primaria realizamos as dinámicas da Noria Emocional, cos coñecementos básicos e por niveis dos conceptos emocionais. O xogo das estatuas emocionais, o salto á Piscina Emocional agrupando os distintos sentimientos nas catro emocións básicas. Traballo en equipo para asociar diferentes situacións coa emoción e sentimento que reflicte, etc.
Tamén continuamos plasmando estes conceptos na Libreta de ferramentas emocionais que están a elaborar.
EMOCIOMARTES: COÑECEMENTO INTERPERSOAL E COHESIÓN GRUPAL
Posted Novembro 15th, 2022 by AnónimoIniciamos este novo curso 22-23 como Aprendices Emocionais, este mes de setembro traballamos o autocoñecemento, o intercoñecemento e a cohesión do grupo.
Cada neno/a completa unha ESTRELA respondendo a unha serie de preguntas sobre os seus gustos, emocións,etc.. Na aula realizamos unha dinámica na que presentamos a nosa estrella.aos nosos compañeiros.Ao rematar colocamos as estrellas no Emorrecuncho, será o Universo da clase.
Para favorecer a cohesión, despóis das medidas de alonxamento pola pandemia, realizamos unha sesión de ABRAZOTERAPIA.
Plan Dixital do Ceip Balaídos
Aquí podedes consultar o Plan dixital do noso centro. Xorde coma resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá. Busca adoitar un enfoque cara unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente. Pretende acadar a transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente. (Pulsade aquí para acceder a el)
Festa de fin de curso 21-22
Rematamos un curso máis e celebrámolo cunha gran festa chea de xogos, comida e diversión!! O próximo curso voltaremos con moitas ganas de aprender e divertirnos e achegándonos pouquiño a pouco a normalidade. Feliz verán a todas e todos!
Graduación de 6º de EP.
Acaba o curso e chega o momento das despedidas. O alumnado de 6º de EP, promoción de alumnas e alumnos 2013-2022, dixo adeus ao seu paso polo centro cun acto de graduación moi emotivo e bonito. As rapazas e rapaces prepararon diferentes actuacións musicais e recibiron os seus diplomas da man dos seus tutores e tutoras, así como unha grande parte de todos os mestres e mestras que os acompañaron ao longo destes 9 anos.
Aquí podedes ver fotos desta celebración tan especial.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »