LIMPIÑA, A PRAIA MÁIS BONITIÑA
O proxecto anual deste curso é: "AFORRA ENERXÍA, COIDA A TERRA... ALONGAREMOS A VIDA"
O mar cobre a maior parte do noso planeta. Nel viven miles de especies animais que nos proporcionan alimento. Cando o mar se achega ás nosas costas, gozamos de fermosas praias que nos axudan a descansar e a divertirnos. Pero como todas as cousas valiosas, temos que ser nós os que coidemos este tesouro de sol, auga e area, respectando a súa hixiene para que as praias e o mar estean limpos sempre, e procurando non molestar ás persoas que gozan da praia á vez que nós.
O alumnado de 2º de Educación Primaria, comprometido co medio ambiente, quere contarvos a historia de Limpiña, unha das tantas praias que temos en Galicia e facernos reflexionar.
A técnica audovisual empregada para realizar o seu traballo é o Croma, na que se reemplaza á area que ocupa unha cor por unha imaxe fixa ou unha imaxe en movemento. Técnica moi empregada tanto no cine coma na televisión.