Articles

CARRITUS: SELO AULASINN DO MES DE MARZO

"Carritus" un proxecto creado pola nosa compañeira Susana acaba de recibir o selo AulasInn das Asociación Espiral e acaba de ser incluido nas experiencias do Proxecto Abalar. É unha proposta para achegar o tema da alimentación e o supermercado á escola. Se queredes podedes entrar na súa páxina premendo aqui  .
Este traballo é moi interesante e é moi importante para o noso colexio por estar sendo aplicado con alumnado do centro e porque leva o nome do cole por aí adiante.
Se entrades nos seguintes enlaces podedes acceder á paxina de Espiral onde aparece un artigo moi interesante sobre Carritus e na páxina de contidos de Abalar onde está incorporado dende hoxe:
http://blogs.ciberespiral.org/aulasinnovadoras/2014/04/06/carritus-sello-aulasinn-marzo-2014-primaria/
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/experiencias/experiencia/carritus
¡Noraboa á nosa compañeira!!


Senticolor, un proxecto para introducir as tablets nas aulas

¿Gustaríache…

debuxar

escribir frases

crear palabras

ler códigos QR

que os tus libros falen

conseguir que os teus debuxos cobren vida

… con só mover un dedo?

 

Así é como están aprendendo os nenos e nenas do noso colexio, grazas a que contamos con 14 tablets para poñer en práctica o proxecto Senticolor.

Este  proxecto estámolo levando a cabo un grupo de mestres e mestras co que pretendemos conseguir dous obxectivos básicos:

·              

Coñecer, experimentar e analizar as posibilidades dos dispositivos móbiles como instrumentos de creación de contidos, de comunicación e de colaboración entre o alumando e profesorado.

·              

Empregar as App e os dispositivos móbiles como ferramenta para a aprendizaxe da lectoescritura.

 

Todo isto, provocando un cambio metodolóxico na aula, introducindo as tics como unha ferramenta máis de traballo, favorecendo a aprendizaxe colaborativa…  sen esquecer o fomento da creatividade, da curiosidade e da posibilidade de aprender creando do noso alumnado. 

 

 

 

No blog http://senticolor.blogspot.com.es/ podedes seguir o traballo que estamos a realizar e descargar as App que clasificamos.

 

Estes son algún exemplos das actividades que xa realizamos.

                                   

 

 

ACTIVIDADE DE SOGAMA SOBRE A RECICLAXE

O xoves 23 de xaneiro dous equipos de SOGAMA estiveron no noso colexio para facer unhas charlas sobre Ecoloxía e Reciclaxe. A estas charlas de case unha hora de duración asistiron os alumnos e alumnas dende 3º a 6º de E. Primaria. As charlas fixéronse para cada grupo nas súas aulas.

Esta actividade éunha mostra máis do interese do noso colexio pola ecoloxía en xeral e a reciclaxe en particular onde practicamos e separación de residuos continuadamente.

CHARLAS DA UNIDADE DA POLICÍA AUTONÓMICA DE VIGO SOBRE PREVENCIÓN DE INCENDIOS E ACOSO INFANTIL

Os pasados 17 e 18 de decembro de 2013, compoñentes da Unidade da Policía Autonómica de Vigo impartiron unhas charlas para o alumnado do segundo e terceiro ciclos de E. Primaria sobre dous temas de moito interese. O 17 de decembro as charlas trataron o tema da Investigación e prevención dos incendios forestais. O 18 de decembro as charlas trataron sobre o tema do acoso escolar e infantil, incluído o ciberacoso, tema de moita actualidade.

O obxectivo destas charlas é conseguir que o noso alumnado se conciencie dos mesmos e entra de cheo na programación do Colexio.

O noso agradecemento aos poñentes.

O NADAL NO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Dende aquí podes ver imaxes da decoración de Nadal no noso colexio.


EXPERIENCIA CON LIBROS ELECTRÓNICOS NO CLUB DE LECTURA OS COMELIBROS

Neste curso 2013/14 no Club de lectura Os comelibros no que participa alumnado de 6º de E. Primaria do CEIP Nosa Señora dos Remedios, baixo a coordinación do Equipo de Biblioteca do Colexio, estamos a iniciar a experiencia con lectores de libros electrónicos por parte do noso alumnado.

Estamos seguros de que vai ser unha experiencia moi agradable para eles/as.

Esta é unha nova aposta polas TICs no noso centro.

TODA A INFORMACIÓN DA BIBLIOTECA ESTÁ EN VIAXA CON POPI

Para informarte sobre as actividades da Biblioteca do CEIP Nosa Señora dos Remedios pincha aqui