Normalización de convivencia, Día da Paz
Menores e pantallas. Principais riscos e orientacións para as familias
O Concello de Narón está a levar a cabo este curso 2023/2024 un proxecto co obxectivo principal de dotar a poboación de menores do Concello e as súas familias das ferramentas necesarias para evitar condutas adictivas relacionadas co uso das novas tecnoloxías.
Conscientes da importancia do papel das familias no proceso de educación e maduración dos seus fillos e fillas, convócase a todas as familias dos menores escolarizados neste Concello a sesión “Menores e pantallas. Principais riscos e orientacións para as familias“.
Esta iniciativa pretende ser un espazo de reflexión e orientación sobre o uso problemático da tecnoloxía.
Co obxectivo de poder facilitar a asistencia das familias, ofértase un servizo de conciliación durante a sesión que deberá solicitarse no teléfono 613196841 ou 639099457.
- MENORES E PANTALLAS. PRINCIPAIS RISCOS E ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS
MARTES 9 DE ABRIL – 17:00 horas
LUGAR: Salón de actos do CEIP A Gandara
Persoas destinatarias: Familias con alumnado nos centros de ensino de Narón.
Para realizar a inscrición a esta sesión, podes facelo no seguinte enlace: https://forms.office.com/e/JdhPAvJEAH
Día mundial da concienciación sobre o autismo_2024
O martes 2 de abril de 2024 celebramos o Día mundial da concienciación sobre o autismo traballándoo na aula e decorando as xanelas con globos azuis.
20 de novembro_Día Universal dos Dereitos da Infancia_2023
Hoxe celebramos o Día Universal dos Dereitos da Infancia no noso cole.
Día escolar da paz 2020
Este ano celebramos o Día da Paz traballando todo Infantil e Primaria a biografía e os valores de Mahatma Gandhi, persoeiro que tomamos nesta ocasión como referencia internacional da paz e a non violencia. Ademais, o alumnado de 3º e 4º asistiu no Pazo da Cultura á representación teatral de Nana para un soldado, posto en escena polo grupo Ghazafelhos. Finalmente, xuntámonos no patio cuberto para cantar de forma conxunta.
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ
O martes 30 de xaneiro celebramos na Solaina o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. O alumnado de 6º realizou no pavillón unha coreografía da canción de El Langui, Se buscan valientes, mentres o resto cantou acompañándoos. Durante toda a semana fixéronse plantillas coas mans dos nenos de 3º e 5º, participantes do programa TEI, para colocalas sobre a árbore feita ao efecto na entrada ao colexio. O alumnado de 1º, 2º e 4º deseñou margaritas, nas que os pétalos eran as siluetas das súas mans. O alumnado de Infantil cortou flores e escribiu palabras para logo colocalo todo nuns maceteiros. Igualmente todo o alumnado recortou a súa foto e encheu as letras dun mural co título da canción de El Langui.
Finalmente, o alumnado de 3º e 5º inaugurou oficialmente dous bancos da amizade, dos tres previstos. A función principal do bancos vai ser convertirse no espazo de reunión no patio para resolver os conflitos que vaian xurdindo entre iguais.
Se queres ver as fotos da celebración pincha aquí.
Se queres ver a actuación de 6º pincha aquí.
Campaña solidaria de recollida de alimentos
O pasado venres, día 12 de decembro, tivo lugar no centro a entrega de alimentos para a Campaña solidaria de recollida de alimentos 2014.
Este ano, a referida iniciativa, estivo promovida polo Grupo Motero Heroes del Viento, grupo recibido con satisfacción polo alumnado e aos que se lles fixo entrega Imaxes de todos os alimentos aportados polas familias.
O Grupo, en agradecemento, fixo entrega dun diploma acreditativo ao CEIP A Solaina polo súa participación desinteresada e solidaria.
20 de novembro, día universal dos dereitos dos nenos
"Todos fomos nenos algunha vez. E todos desexamos por igual o benestar dos nosos nenos, que sempre foi e seguirá sendo o anhelo máis universal da humanidade ".
A Asemblea Xeral da ONU recomendou en 1954 que os países instituísen o Día Universal do Neno, para fomentar a fraternidade entre todos eles e promover o seu benestar con actividades. O 20 de novembro marca a data en que a Asemblea aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os dereitos do neno en 1989.
...e unha figura a ter presente: MALALA.
Vídeo para Educación Infantil e 1º Educación Primaria.
Vídeo para 2º, 3º e 4º de Educación Primaria.
Video para 5º e 6º Educación Primaria.
Así conmemoramos o Día da Paz no colexio
Hoxe, mércores 30 de xaneiro, é un deses
días nos que o colexio de A Solaina
cambia a súa dinámica habitual
para sumarse ás iniciativas que se celebran
en todo o mundo cun único fin:
conmemorar o Día da Paz.
A nosa particular proposta estivo coordinada pola mestra de Educación Musical quen organizou un especial programa de actividades nas que o alumnado foi espectador e participante.
Como nexo común a música e como actividades:
- interpretación coa flauta por parte do alumndo de 6º EP da Novena Sinfonía de Beethoven. Hinmno á alegría.
- interpretación por parte de todo a alumnado da canción O MUNDO É GRANDE.
- visualización do vídeo sobre razas, culturas, relixións... no que os presentes sumámonos ao contido do texto con UN SAÚDO PARA ALÁ (Música de Mercedes Peón, montaje de Juan Parga e Almudena Janeiro).