Ed. física

XORNADA DE COLPBOL 6º E.P. 23-5-2023.

 

O martes 23 de maio fumos convidados  a participar nunha xornada  para a práctica do COLPBOL xunto c@s alumn@s do colexio de San Xoán de Filgueira no pavillón do Campo da Serra.

Saímos ás 10 horas para ir camiñando ata o pavillón e, unha vez alí, @s alumn@s agrupáronse en 8 equipos combinados dos dous colexios. Xogáronse tres partidos simultáneos en cada unha das tres pistas con unha duración de 20 minutos cada un e un descanso de tres minutos.Arredor das 13 horas rematamos os partidos, e saímos camiñando de volta ao colexio. 

 Así poideron practicar un novo deporte alternativo,o COLPBOL e tamén compartiron esta experiencia c@s alumn@s do outro colexio.

Xornada de HOCKEI A PATÍNS.14 de Abril do 2023.

Este venres 14 de abril, recibimos a visita d@s xogadores-as do clube de Hockei a patíns de Narón.

                 

Fixeron dúas sesións prácticas c@s alumn@s de 6º de primaria no pavillón escolar, pero tamén asistiron como espectadores, outr@s alumn@s de educación primaria, así como @s alumn@s de 6º de educación infantil.

Aquí temos unhas imaxes da práctica deportiva do hockei.

                                  

Xornadas XOGANDO CON FUTGAL. 7 e 8 FEBREIRO 2023.

 XOGANDO CON FUTGAL NO CEIP A SOLAINA.

A Federación Galega de Futbol convidou ao C.E.I.P. A SOLAINA para participar nas actividades de fútbol-sala "XOGANDO CON FUTGAL"  organizadas para escolares de primaria.

A actividade conta con dúas partes: unha delas en aula, e onde se proxecta un vídeo aos escolares dos inicios no fútbol sala de Vanesa Sotelo e de Adri, xogadores internacionais que na actualidade xogan no Parrulo Ferrol e o Futsi Navalcarnero, e outra parte práctica onde os participantes gozan cos máis pequenos na pista "Xogando con Futgal".

Os días 7 e 8 de febreiro prepararon no pavillón escolar unha pista e un chutómetro inchables para que @s alumn@s do centro practicaran este deporte.

                   

 

                             CHUTÓMETRO                                                                      PISTA DE XOGO

 

 

XORNADAS DE BALONCESTO ADAPTADO NO PAVILLÓN ESCOLAR.2022-23

XORNADAS BALONCESTO ADAPTADO NO PAVILLÓN ESCOLAR DA SOLAINA.

DECEMBRO 2022 e FEBREIRO 2023.

O martes 20 de decembro recibimos a visita de dous monitores e unha monitora do clube de baloncesto adaptado BASKETMI que explicaron a súa experiencia como xogadores-as de baloncesto en cadeira de rodas.

Tódol@s @s alumn@s de 1º,2º e 5º de Primaria puideron familiarizarse co manexo da cadeira de rodas así como xogar co balón de basket dende a súa cadeira.

Esta nova experiencia permítelles achegarse a un deporte como o baloncesto, pero dende o punto de vista das persoas con discapacidade. 

Houbo dúas xornadas máis o 10 e o 13 de febreiro para o alumnado de 3º,4º e 6º  de Primaria.

      

XORNADA DE ATLETISMO 5º PRIMARIA . 22-10-2018

O luns 22 de outubro o alumnado de 5º de primaria visitou o estadio de Río Seco para participar nunha xornada adicada ao atletismo, convidados pol@s adestrador@s do Clube Atletismo Narón.@s alumn@s poideron coñece-las instalacións do estadio para a práctica do atletismo e asemade poideron practicar algunhas das modalidades nas pistas, como  a carreira de velocidade, o salto de lonxitude e de altura ou  o lanzamento de peso. Despois de toma-lo almorzo voltamos ao colexio. Ver reportaxe fotográfica.

                                   Resultado de imaxes para atletismo                   

DATCHBALL

                                      DATCHBALL                    EDUCACIÓN FÍSICA-PRIMARIA

 

 

0.    

QUE  É O DATCHBALL?.

O obxectivo é  eliminar  a todo o equipo contrario.  Un partido  xógase ao mellor de 3 xogos.Non hai tempo limitado do partido.

 

1.    

EQUIPOS.

Xogan dous equipos por partido. Formados entre  4  a 12 xogadores-as.

Sempre son equipos mesturados de nenos e nenas.

 

2.    

PISTA  DE XOGO.

Xógase nunha pista  rectangular dividida en dúas partes iguais.Tanto no interior como no exterior. Cada partida xogada se cambia de lado do campo e poden saír da posición que desexen,pero sempre tocando a parede, senón é así as pelotas serán para o outro equipo.

 

3.    

COMEZO DO PARTIDO.

O terreo está dividido en dúas partes,separadas por unha liña central.

Cada equipo ten o seu campo e ten que tocar a parede con algunha parte do seu corpo.

Ao sinal do árbitro, poden ir a polas 3 pelotas situadas na metade do campo.

 

                                    Imaxe relacionada                  

                                    

4.    

REGRAS DO ATAQUE.

O xogador debe lanza-la pelota coas mans e golpeala con elas, non se permite golpear co pé.

Os xogadores poden moverse libremente polo seu campo para atacar ou defenderse, pero sen toca-la  liña central nin o campo contrario, de ser así estará eliminado.

O equipo que teña a posesión da pelota non pode rete-lo xogo, está obrigado a lanzala, si un equipo ten dúas e outro unha , o de dúas está obrigado a lanzar primeiro.

Para  atacar debe golpear  a un contrario coa pelota, e así ir eliminando a todo o equipo.

Para  eliminar a un contrario a pelota debe tocar no corpo e despois tocar no chan, parede ou teito.

Os xogadores  eliminados  débense colocar na banda lateral, na mesma orde na que foron eliminados, salvándose nesa mesma orde.

Cando un xogador está eliminado, non pode toca-la pelota  ou pasala a un compañeiro.

Está prohibido lanzar intencionadamente a pelota á cabeza de un xogador.

Os xogadores de un equipo pódense pasa-la pelota e non se poden eliminar entre eles.

Si un lanzamento toca a dous  ou máis xogadores  antes de toca-lo chan, todos están eliminados.

 

5.    

REGRAS DA DEFENSA.

Para defenderte do outro equipo, podes moverte, tirarte, deslizarte ou saltar por todo o campo para esquivar os lanzamentos.

Cando un xogador ten a pelota no seu poder, pódea usar como escudo defensor, collendo a pelota e desviando os lanzamentos do equipo contrario.

Si a pelota que desviaches  dáche a ti ou a un compañeiro e toca o chan, estás eliminado.

Para salvar  a un  compañeiro  debes coller a pelota de un tiro directo de un contrario, é dicir, que non toque nin no chan nin na parede.

Así  salvas a o primeiro compañeiro que foi eliminado, e si non hai ninguén, as vidas non se gardan.

Si  ao intentar coller unha pelota polo ar, ésta che cae das mans , estás eliminado tamén.

Si  a  pelota   golpea a un compañeiro e a colles antes de que caia ao chan, tes salvado a ese compañeiro e tamén ao primeiro que estivese eliminado.

Os xogadores poden coller as pelotas do campo contrario, sempre e cando non toquen a liña(corda) nin o outro campo.

Os xogadores só poden saír do campo para colle-la pelota que sae do campo.Esperando a que entres no campo para lanza mentres isto ocorre.               

XORNADA DE TENIS DE MESA NA SOLAINA. 7-4-2017

O venres 7 de abril tiveron lugar no pavillón do colexio unhas sesións demostrativas do xogo do tenis de mesa.

Estiveron a cargo do monitor e tres xogadoras do clube de tenis de mesa Narón.Asistiron os alumn@s de terceiro e cuarto  cursos de primaria que poideron coñecer e practicar este deporte.Así o amosan as imaxes nos arquivos adxuntos.

 

MATERIAL EDUCACIÓN FÍSICA DE PRIMARIA.

Dende o departamento de Educación Física, lembramos ás familias a importancia de que os vosos fillos/as traian o neceser coas cousas de aseo para asistir as sesións de Educación Física. 

Queremos lembrar o que deben traer no neceser:

 

                     

Unha toalla pequena e xabón, toalliñas no seu defecto, camiseta e zapatillas de recambio para traballar  no pavillón.

       

É moi importante que se acorden dos días nos que os nenos e nenas teñen clase de Educación Física, así despois de realizar a sesión, poderán voltar a clase aseados e sen suar, de maneira que evitamos tamén coller algunha catarreira innecesaria.

As zapatillas deportivas son necesarias xa que sobre todo nos días de chuvia, deixamos o pavillón con moita suciedade se vimos co calzado da rúa.

Os mestres de Educación Física agradecemos a vosa colaboración.

XORNADAS DE BALONMÁN.26 e 30 DE NOVEMBRO DO 2015.

O xoves 26 e o luns 30 de novembro os alumnos-as de 3º,4º e 5º de primaria tiveron a oportunidade de coñecer a práctica do deporte do balonmán nas instalacións do pavillón escolar.Coa colaboración do clube balonmán Narón, un dos seus técnicos veu ate o colexio para amosar aos alumnos-as os principios e as técnicas básicas de este deporte de equipo. 

Estas sesións de demostaración leváronse a cabo no pavillón escolar cos diferentes grupos de alumnos-as, segundo o seu horario de clases de Educación física.Foron organizadas polo equipo de Educación física do colexio xunto co técnico do clube Balonmán Narón, dentro do programa para achegar aos alumnos-as ao coñecemento e a práctica de outros deportes no seu tempo de lecer.

Nas seguintes imaxes podedes ver a súa participación nestas actividades deportivas.

2ª XORNADA DE BALONVOLEA 16-9-2015.

O mércores 16 de setembro tivo lugar a 2ª xornada de balonvolea para os alumn@s de 5º e 6º cursos de primaria nas instalacións do pavillón escolar.

Organizada polo clube Narón volea,os alumn@s asistiron a unha clase práctica para coñecer este deporte, dirixida pol@s adestradores-as do equipo.

Por último, @s alumn@s recibiron información sobre o lugar e días de adestramento de este clube, para nen@s da súa categoría. Podedes ver algunhas imaxes da clase demostrativa nesta mesma páxina. 

 

Distribuir contido