Complementarias
8M_Día Internacional da Muller_2023
Celebramos o 8M a partir da película de Brave, falamos sobre o tema e realizamos un bonito mural como final.
ENTROIDO 2023
Na semana do 13 ao 17 de febreiro festexamos o Entroido no CEIP A Solaina. Como vén sendo habitual, seguimos os mandatos do Meco:
-Luns: algo na cabeza.
-Martes: algo vermello.
-Mércores: calcetíns diferentes.
-Xoves: pixama ou bata.
Os mandatos NON SON ACUMULATIVOS.
O venres faremos o desfile de disfraces (saímos ás 10:00) enmarcado no proxecto de vida saudable que estamos a desenvolver no centro: campaña de alimentación, hábitos saudables (deporte, hixiene, alimentación en xeral, saúde...). Celebraremos o noso entroido cun pasarrúas, que nos ensinará como debemos facer para termos esa vida saudable. A distribución dos disfraces é a seguinte:
-Infantil: froitas.
-1º e 2º: deportistas.
-3º e 4º: cociñeiros realfood
-5º e 6º: profesionais da saúde.
Solicítase ao alumnado que vaia ao desfile con turutas, chifres ou obxectos para faceren ruído carnavaleiro durante o traxecto. Aínda así, á saída faremos o primeiro tramo do percorrido en SILENCIO, conforme aos estímulos sensoriais sonoros propostos para ese tramo. Coa nosa actitude empática podemos facer que os demais tamén disfruten. Despois continuaremos facendo ruído a esgalla.
ENTROIDO NA SOLAINA
O día 1 de marzo, venres, celebraremos o Entroido na Solaina. Realizaremos un pasacalles polo barrio con saída prevista para as 10:00 horas. O percorrido será o que aparece no plano. En caso de chuvia, cancelarase o pasacalles, e a celebración será só para o alumnado no propio centro educativo.
Pregamos as familias que non se metan no medio do desfile para non interferir na marcha nin provocar retrasos.
O Meco "Loco" farase na semana do 25 de febrero ata o propio 1 de marzo e os seus mandatos son os seguintes:
1º día (luns): “ Para o Entroido comezar un calcetín de cada cor deberás levar.”
2º día (martes): “Para adornar o teu pescozo trae algo asombroso.”
3º día (mércores): “ Na cabeza, na cabeza gorro perruca ou pañoleta.”
4º día (xoves): “ E para continuar a túa cara has de adornar.”
5º día (venres): “Saias, vestidos, camisa, tul, capa,…o que ti queiras traerás e o Meco Loco rematarás.”
O equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares
DÍA DA PAZ
Debido ás condicions meteorolóxicas adversas o día de 29 de xaneiro non puidemos realizar a ANDAINA POLA PAZ prevista para esa tarde. En cambio, ao día seguinte, 30 de xaneiro, celebramos o día da paz cun acto no que o alumnado de 3º e 5º tocou e cantou a canción Clandestino para todo o colexio. Podes para ver as imaxes do evento.
MAGOSTO E SAMAÍN
Xa chega o Samaín e o Magosto e desde o equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares pedimos a colaboración das familias para decorar o colexio e celebrar estas datas.
Desde o luns 28 de outubro os nen@s que queiran poderán traer unha cabaza decorada da casa (SEN VACIAR) e co nome do nen@. O venres 2 de novembro levaránas de volta para a casa.
O mércores 31 de outubro cada nen@ traerá unha presa de castañas xa picadas para asalas e comelas o día 2 de novembro.
O día 2 de novembro, os nen@s que queiran, poderán vir disfrazados coa temática propia do Samaín (bruxas, momias, pantasmas, esqueletes,...).
Un saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración.
Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do CEIP A Solaina.