Orientación

Día Mundial do Autismo 2022

O sábado 2 de abril celebrouse o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo 2022 baixo o lema «Unha feliz viaxe pola vida». A campaña pon o foco no dereito das persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) e as súas familias a ter una vida feliz. Na Solaina desenvolvemos esta campaña na semana do 4 ao 8 de abril.

Día Mundial de Concienciación do Autismo

O 13 de abril asistimos en Ferrol ao Día Mundial de Concienciación do Autismo que se desenvolveu no Pavillón Polideportivo da Malata, organizado por ASPANAES. A rapazada de 3º e 5º fomos aos numerosos actos da xornada, como diversas intervencións, lecturas dun manifesto e da denuncia das barreiras, un baile pola diversidade e unha festa final. Podes ver as fotos no enlace.

 

Alumno premiado en Santiago de Compostela

O alumno de 6ºA, Adán López González, foi un dos 38 alumnos galardoados pola Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria cos premios do programa Atrévete (a través do Plan Eduemprende), para premiar o espírito emprendedor. O noso orientador, Antón López Anca, acompañou á familia do premiado o 19 de xuño, nun acto celebrado na Sala Eisenman Gaiás-Cidade da Cultura en Santiago de Compostela ao que asistiu o conselleiro, Román Rodríguez, que participou na entrega dos premios.

6º no CIFP Ferrolterra

O Departamento de Orientación do CEIP A Solaina programou e levou a cabo unha saída do alumnado de 6º de EP ao CIFP Ferrolterra. A visita efectuada o 23 de marzo encádrase no Programa Atrévete no marco do Plan eduemprende, que desenvolve actividades de fomento do emprendemento para Educación Primaria. Tras a benvida, o alumnado de 6º asistiu a unha charla sobre viveiros de empresas nos centros educativos e diversas experiencias emprendedoras en Ferrol. Finalmente fíxose unha visita guiada ao CIFP e ao seu Viveiro de empresas. Se queres ver a reportaxe fotográfica pincha no enlace.

 

Campamentos de verán 2015

A Consellería de Cultura, Educación e OU vén de convocar

CAMPAMENTOS DE VERÁN específicos

para persoas con discapacidade.

 

ENLACE á convocatoria.

Campaña de colaboración co Pobo saharauí

 Dende a Comisión de convivencia do colexio, estamos a promover neste mes de novembro unha recollida de roupa. Esta actividade  comezarémola mañá e rematará o próximo día 30 de novembro. O fin da mesma é axudar ao pobo saharauí.

 A campaña iniciouse  cunha primeira parte na que se ofreciu unha charla ao alumnado de 4º, 5 e 6º de E primaria e a visualización dunha película sobre as condicións de vida destas persoas. 

A segunda parte consistirá na recollida de roupa (pregamos que se faga a través dos nenos/as e sexa entregadas en bolsas plásticas ben pechadas no colexio).

Todo isto, facémolo coa Asociación de axuda ao Pobo Saharauí de Narón, que tamén levan a acollida dos nenos no verán.

 

 

 Imaxes.

II Xornadas de ASPANEPS no CEIP A Solaina

 

Por segundo ano consecutivo, invitados polo Departamento de Orientación, persoal da Asociación de Nais e Pais de Nenos e Nenas con Problemas Psicosociais (ASPANEPS) levou a cabo o xoves 11 de outubro as II Xornadas "Ponte no meu lugar", a través das que buscan desenvolver un proxecto de sensibilización sobre discapacidades.

As xornadas, nas que participou activamente o alumnado de 6º de Primaria, resultaron moi proveitosas para os nenos as nenas do colexio.

Un ano máis, dende o Colexio agradecenos a disposición de ASPANEPS xa que, pedagoxicamente, consideramos necesario que o alumnado abra a súa mente e reflexione sobre outras situacións sociais.

Compartimos con todos e todas as imaxes máis representativas destas xornadas. 

 

 

Máis información sobre esta Asociación no enlace

Coa mochila a costas

 

 Nuns días, o alumnado do colexio realizará o traxecto entre o centro e a súa casa coa compañía, ás súas costas e dentro dunha mochila, de todo o material necesario para o seu día a día escolar. Aínda que dende o centro procuraremos, como todos os anos, reducir o peso da mochila optando porque parte do material quede nas aulas, é importante concienciar de que as costas hai que coidalas. Por iso, dende orientación remitímosvos o enlace á web das costas, espazo onde encontraredes información de utilidade desta parte do corpo e onde, a través da lectura de "O conto das costas" se pode dispoñer de información práctica para previr as dores de costas no alumnado.

Descubrir o entorno cultural

Estimados pais/nais/titores:

Dende o Departamento de Orientación do Colexio, conscientes da utilidade que poden ter a nosas suxerencias e pautas para axudarvos á formación e educación, fóra da aula, dos vosos fillos e fillas, iniciamos a través desta web unha iniciativa que. agardamos sexa do voso agrado.

A partires de agora, estaremos en contacto permanente con entidades (bibliotecas,asociacións,...) do noso Concello, dos colindantes...para estar ao tanto das súas propostas lúdicas fóra do horario escolar dirixidas a nenos e nenas con entidades comprendidas entre os cursos que se imparten no Colexio, é dicir, dende os 3 ata os 12 anos.

Entre todos con este tipo de actividades, seguro que conseguimos motivar aos nenos e nenas no mundo da cultura e da aprendizaxe. Periódicamente incluiremos esa información nesta sección da web...¿Comezamos?

 Programación do teatro infantil e familiar  do Padroado de Cultura do Concello de Narón.

 

Funcionamento do Departamento de Orientación

Departamento de Orientación do CEIP A Solaina, ao comezo deste curso 2011-2012, proponse facer partícipe do seu funcionamento interno á Comunidade Educativa expoñendo as súas liñas de identidade máis relevantes.

Estratexias metodolóxicas e organizativas de atención ao alumnado con N.E.A.E.

  • 1) Dar prioridade ó alumnado  con necesidades de apoio educativo permanentes.
  • 2) Prestar atención ó alumnado con dificultades de aprendizaxe que requiran apoio especializado, dando  prioridade ó alumnado de infantil e dos primeiros niveis.
  • 3) Os apoios faranse preferentemente nas aulas ordinarias, ou na aula de P.T., se fose preciso.
  • 4) A distribución horaria será variable segundo a evolución do alumnado e a dinámica do centro.
  • 5) A organización dos apoios deberá ser aberta, flexible e suxeita a modificacións ó longo do curso.

 

Estructura do Departamento de Orientación

 O orientador

Antón López

Distribuir contido