Orientación

Visita ao CIFP Ferrolterra

Dentro do Proxecto Atrévete 18-19, o alumnado de 6º curso de primaria acompañado polos seus titores/as e orientador do centro, visitarón varios obradoiros do CIFP Ferrolterra. Foron recibidos polo Director e Orientadora do centro recibindo un agasallo consistente nunha mochila e un pendrive. O obxectivo deste programa é dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Así mesmo preténdese desenvolver as competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento que prepare ao alumnado para confiar nas súas capacidades. Desexando de que se queren desenrolar algunha inicitiva de futuro no mundo empresarial e laboral que se atrevan a redactala e dita redacción será enviada a un concurso "ATREVETE 2019". Lembramos que nalgún curso anterior xa gañou dito concurso un neno deste centro. Concurso “Atrévete a ter unha idea”: Dirixido ao alumnado participante neste programa. Consiste en buscar unha boa idea de negocio, redactada como máximo en dous folios. Os traballos serán individuais. O prazo para a presentación remata o 22 de maio de 2019.

 

 

6º no CIFP Ferrolterra

O Departamento de Orientación do CEIP A Solaina programou e levou a cabo unha saída do alumnado de 6º de EP ao CIFP Ferrolterra. A visita efectuada o 23 de marzo encádrase no Programa Atrévete no marco do Plan eduemprende, que desenvolve actividades de fomento do emprendemento para Educación Primaria. Tras a benvida, o alumnado de 6º asistiu a unha charla sobre viveiros de empresas nos centros educativos e diversas experiencias emprendedoras en Ferrol. Finalmente fíxose unha visita guiada ao CIFP e ao seu Viveiro de empresas. Se queres ver a reportaxe fotográfica pincha no enlace.

 

Formación: diabetes na escola

O profesorado do centro participou nunha charla informativa impartida por persoal da Asociación  Diabéticos Ferrolterrra co fin de recibir a formación e a información necesaria para actuar nestas situacións nos centros escolares.

Resultado formativo do acto.                                                 

Enlace de interese.

 

 

Distribuir contido