Escolares, Ed. física, Idioma extranxeiro, Infantil, Música, 1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Relixión

Visita de Paco Nogueiras

Esta semana os nenos e nenas de 3 e 4 anos recibiron a visita de Paco Nogueiras na biblioteca do noso cole. 

     

Pasárono súper ben escoitando a súa música e uns contos marabillosos da editorial Kalandraka.

 

Xa vedes que todos e todas estiveron moi atentos.

Moitas grazas pola Visita Paco, esperamos verte pronto na nosa biblio de novo!  

 

XORNADA DE COLPBOL 6º E.P. 23-5-2023.

 

O martes 23 de maio fumos convidados  a participar nunha xornada  para a práctica do COLPBOL xunto c@s alumn@s do colexio de San Xoán de Filgueira no pavillón do Campo da Serra.

Saímos ás 10 horas para ir camiñando ata o pavillón e, unha vez alí, @s alumn@s agrupáronse en 8 equipos combinados dos dous colexios. Xogáronse tres partidos simultáneos en cada unha das tres pistas con unha duración de 20 minutos cada un e un descanso de tres minutos.Arredor das 13 horas rematamos os partidos, e saímos camiñando de volta ao colexio. 

 Así poideron practicar un novo deporte alternativo,o COLPBOL e tamén compartiron esta experiencia c@s alumn@s do outro colexio.

Visita á Casa das Ciencias

Tras a visita á Casa das Ciencias do alumnado de 3ºEP, ofrecémosvos o vídeo recopilatorio das actividades desenvolvidas durante a saída.

 

Xornada de HOCKEI A PATÍNS.14 de Abril do 2023.

Este venres 14 de abril, recibimos a visita d@s xogadores-as do clube de Hockei a patíns de Narón.

                 

Fixeron dúas sesións prácticas c@s alumn@s de 6º de primaria no pavillón escolar, pero tamén asistiron como espectadores, outr@s alumn@s de educación primaria, así como @s alumn@s de 6º de educación infantil.

Aquí temos unhas imaxes da práctica deportiva do hockei.

                                  

Xornadas XOGANDO CON FUTGAL. 7 e 8 FEBREIRO 2023.

 XOGANDO CON FUTGAL NO CEIP A SOLAINA.

A Federación Galega de Futbol convidou ao C.E.I.P. A SOLAINA para participar nas actividades de fútbol-sala "XOGANDO CON FUTGAL"  organizadas para escolares de primaria.

A actividade conta con dúas partes: unha delas en aula, e onde se proxecta un vídeo aos escolares dos inicios no fútbol sala de Vanesa Sotelo e de Adri, xogadores internacionais que na actualidade xogan no Parrulo Ferrol e o Futsi Navalcarnero, e outra parte práctica onde os participantes gozan cos máis pequenos na pista "Xogando con Futgal".

Os días 7 e 8 de febreiro prepararon no pavillón escolar unha pista e un chutómetro inchables para que @s alumn@s do centro practicaran este deporte.

                   

 

                             CHUTÓMETRO                                                                      PISTA DE XOGO

 

 

Facemos panettone en 3º

Chega o Nadal e non facemos máis que comer lambetadas. É por iso que as clases de 3º aprenderon a facer o seu propio panettone, tan presente nestes últimos anos nas nosas mesas. 

 

XORNADAS DE BALONCESTO ADAPTADO NO PAVILLÓN ESCOLAR.2022-23

XORNADAS BALONCESTO ADAPTADO NO PAVILLÓN ESCOLAR DA SOLAINA.

DECEMBRO 2022 e FEBREIRO 2023.

O martes 20 de decembro recibimos a visita de dous monitores e unha monitora do clube de baloncesto adaptado BASKETMI que explicaron a súa experiencia como xogadores-as de baloncesto en cadeira de rodas.

Tódol@s @s alumn@s de 1º,2º e 5º de Primaria puideron familiarizarse co manexo da cadeira de rodas así como xogar co balón de basket dende a súa cadeira.

Esta nova experiencia permítelles achegarse a un deporte como o baloncesto, pero dende o punto de vista das persoas con discapacidade. 

Houbo dúas xornadas máis o 10 e o 13 de febreiro para o alumnado de 3º,4º e 6º  de Primaria.

      

OBRADOIRO DE ARTRÓPODOS

O alumnado de 3º puido gozar o pasado 25 de novembro dun obradoiro de artrópodos por parte do entomólogo Miguel Santamaría. Na reportaxe podemos observar a interacción dos "bichos" coa rapazada. 

 

MANIFESTO REGUEIFEIRO, NO CEIP A SOLAINA BERRAMOS: NON ÁS GUERRAS!!!!!

 

O 1 DE ABRIL OS NENOS E NENAS DE 5º DE PRIMARIA CANTAMOS, NO RECREO,  UNHA REGUEIFA CONTRA AS GUERRAS. Aquí podes ver o vídeo e o manifesto regueifeiro.

 

Saída ao Club de Campo de Ferrol

O luns 21 e o mércores 23 de marzo, o alumnado de 3º e 4º realizou unha saída durante a mañá ás instalacións do Club de Campo de Ferrol. O motivo da visita foi un obradoiro da ESCOLA DE TENIS dentro do marco da materia de Educación Física. A rapazada gozou cos técnicos que lles axudaron a iniciarse neste deporte.

Distribuir contido