ADMISIÓN DE ALUMNADO 2017/2018

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE NOVA INCORPORACIÓN DE 3 ANOS (4ºEI): MÉRCORES 28 DE XUÑO, ÁS 11 NA BIBLIOTECA

 INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVA

INCORPORACIÓN

IMPRESO DE SOLICITUDE_Anexo_III

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO

INFORMACIÓN XERAL SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2017/2018 

INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA [correxido.2]

BAREMO [correxido]

CRITERIOS DE DESEMPATE 

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES

 

 

 

DOCUMENTACIÓN E ENLACES

Admisión alumnado (Información da Consellería sobre a aplicación

Instrucións da Xefatura Territorial

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)

Anexo I

Anexo II

Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG)

 

ALUMNADO XA MATRICULADO NO CENTRO

1- O alumnado matriculado na Solaina estará matriculado automaticamente. 

2- O alumnado de 6º de Primaria deberá entregar na Secretaría da Solaina a reserva de praza no instituto adscrito, IES As Telleiras, antes do 15 de febreiro. Tamén pode tramitalo a través da web https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. A reseva, unha vez realizada, ten carácter vinculante, será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro salvo renuncia expresa antes de que se inice o prazo de presentación de solicitude de admisión. 

 

ALUMNADO QUE QUEIRA TRASLADARSE DO NOSO CENTRO

    Pode facer toda a tramitación na aplicación anteriormente descrita (admisionalumnado) ou solicitar en Secretaría un Certificado de Matrícula que entregará no centro ao que queira trasladarse xunto coa solicitude de admisión. Por último, debe entregar na Secretaría da Solaina unha copia da solicitude de admisión ao novo centro.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O martes, 21 de febreiro, abrimos o colexio ás familias do alumnado en proceso de matriculación. Faremos unha visita guiada polo centro ás 17:00.

NOVA XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O martes, 7 de marzo, abrimos o colexio ás familias do alumnado en proceso de matriculación que non puideron asistir o martes 21. Faremos unha visita guiada polo centro ás 16:30. 

PRAZO

O prazo de solicitudes de admisión do alumnado de novo ingreso é do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive). Pódese presentar o Anexo II na Secretaría do centro que soliciten en primeiro lugar ou na aplicación admisionalumnado.