MATERIAL EDUCACIÓN FÍSICA DE PRIMARIA.
Dende o departamento de Educación Física, lembramos ás familias a importancia de que os vosos fillos/as traian o neceser coas cousas de aseo para asistir as sesións de Educación Física.
Queremos lembrar o que deben traer no neceser:
Unha toalla pequena e xabón, toalliñas no seu defecto, camiseta e zapatillas de recambio para traballar no pavillón.
É moi importante que se acorden dos días nos que os nenos e nenas teñen clase de Educación Física, así despois de realizar a sesión, poderán voltar a clase aseados e sen suar, de maneira que evitamos tamén coller algunha catarreira innecesaria.
As zapatillas deportivas son necesarias xa que sobre todo nos días de chuvia, deixamos o pavillón con moita suciedade se vimos co calzado da rúa.
Os mestres de Educación Física agradecemos a vosa colaboración.