O Delegado territorial da Xunta na Coruña, de visita no CEIP A Solaina

O mércores, día 2 de marzo, o CEIP A Solaina recibiu a visita do delegado provincial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Diego Calvo Pouso. 

Dende o centro presentámoslle algúns dos nosos principais proxectos, entre os que figuran "Merendas saudables", "Educación Viaria", PLAMBE. A iso sumouse un percorrido con el polas recén instaladas aulas dixitais. Tamén aproveitouse a ocasión para transmitirlle algunhas das necesidades do centro nestes momentos como a mellora nas instalacións no comedor escolar ou a cobertura de parte do patio principal. 

Tamén visitou algunhas aulas e intercambiou impresións co profesorado e co alumnado.  

Dende o centro agradecémoslle a súa visita e a cordialidade do encontro.