Obradoiro sobre a linguaxe de signos
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrol, durante o mes de decembro, está a realizar unha Campaña de sensibilización dirixida principalmente ao alumnado de 1º de primaria dos colexios de Narón.
Esta Campaña achega ao alumnado máis pequeno a linguaxe de signos a través do visionado de vídeos, xogos... dun xeito lúdico e participativo.