VISITA AO MUÍÑO DE PEDROSO.18-6-2015

O xoves día 18 de xuño os alumnos de 5º fixeron unha visita ao muíño de Pedroso para realizar un itinerario ambiental á beira do río Xuvia.

Acompañados polos profesores e monitores do equipo de educación viaria saímos do colexio ás 9:15 horas andando para colle-lo bús que nos levou ata Sedes, onde baixamos para montar nas bicis e pedalear ate chegar as instalacións da área recreativa de Pedroso.Alí nos repartimos en dous grupos para face-lo itinerario ambiental uns e xogos populares e colectivos os outros, guiados polos monitores da aula da natureza. No relevo entre as actividades aproveitamos para toma-lo almorzo todos xuntos.

Por último, regresamos ata o adro da igrexa de Pedroso en bici e alí nos esperaba o bús para voltar ao colexio sobre as 13 horas.

Tanto o transporte en autobús como as actividades foron subvencionadas polo concello de Narón.

Podedes ver algunhas imaxes na galería da web.

Boas vacacións a todo@s e ata o curso que ven.