Narración: adaptacións de contos tradicionais
O narrador canario, Antonio López, encheu da alegría ao alumnado do noso centro o venres, 19 de marzo, coa narración de adaptacións de contos tradicionias; narracións das que fixo partícipes tanto a alumnado como a mestras, tal e como recollen as imaxes.
O obxectivo de "dar vida a contos tradicionais", trasmitidos de xeneracións en xeneracións, deixou na biblioteca unha actividade especial grazas á colaboración do Padroado de Cultura do Concello que, dentro do VI Encontros Internacionais de Narración Oral, achegou o referido narrador ao noso centro.
Contos como: "El espejo", "La princesa caprichosa" ou "La flor de oroval" , serán punto de partida para fomentar a lectura entre o noso alumnado, así como favorecer a conversa cos seus avós e, lembrar con eles estes contos cargados de ensinanzas!