30 de xanerio. Día da Paz

 

 

O alumnado do centro celebrará o 30 de xaneiro o Día da Paz.

 

Nos días previos, os preparativos son diversos. Os nenos e nenas están a forrar con papel de cor marrón caixas aportadas por eles mesmos; caixas que simulan ladrillos e nas que escriben sentimentos ou accións negativas que impliquen actitudes de rexeitamento. Os ladrillos darán forma a un muro que será derrubado o día 30 ao tempo que será lido un Manifesto pola Paz. O derrubamento  do muro encerra unha sorpresa e , como tal, gardada para ese día.

A interpretación da canción "A muralla", ensaiada en Educación Musical, porá o borche douro a este día.