Actividade 03 - aforrando enerxía

Nas clases de informática explicamos varias veces como apagar o ordenador, pero a moitos de vos aínda se vos esquece facelo ben. Nesta actividade tendes que explicarme como apagariades o voso ordenador de sobremesa. Imaxinade que estades nunha páxina de internet e contádeme os pasos que fariades para deixar o ordenador totalmente acceso. Se sabedes algún truquiño, podédemelo dicir.