Día das Letras Galegas: Xosé María Díaz Castro

Con motivo da LII edición da celebración das Letras Galegas  na que se rinde homenaxe a escritores ou escritoras das nosas letras, o colexio inicia unha seria de actividades que culminarán coa Festa dos Maios o vindeiro 23 de maio.

Este ano, o 17 de maio, Día das Letras Galegas, adicado  a Xosé María Díaz Castro, o alumnado achegouse á súa figura e á súa obra a través de paneis informativos colocados na entrada, do visionado de vídeos na biblioteca, de actividades interactivas nas aulas... actividades que permitiron afondar e coñecer a súa poesía e, en concreto, a súa obra Nimbos.

Como actividade salientable, o alumando de 6º achegouse aos máis pequenos facendoos partícipes do seu entusiamo pola lectura.