Programa de Educación Vial
O colexio e a ANPA, no marco do proxecto de Educación Vial que se desenvolve dende 2006, organizaron o luns 28 de abril unha sesión sobre a Reforma da Lei de Tráfico.
A sesión, dirixida á comunidade educativa, estivo impartida por Pedro Caneiro membro, xunto con Simón Cabarcos, do Equipo de Educación Vial de Narón. O obxectivo era, con motivo da entrada en vigor da citada reforma, explicar as novidades de dita normativa, presentar as próximas actividades que levarán a cabo e facer un balance dos resultados acadados co seu Programa de Seguridade Vial. Ademais, avanzouse que o citado equipo participará proximamente nun foro internacional sobre seguridade vial infantil.
Tras esta sesión, está previsto unha nova visita desde equipo para aplicar a nova normativo ó proxecto de educación vial do centro así como para instalar un novo equipamento: os medidores de altura.
Todos aqueles interesados nesta temática, podedes visualizar esta presentación realizada polo Equipo de Educación Vial de Narón.