Programa de alimentación saudable
O xoves, día 6 de febreiro, o presidente da ANPA vén de asinar co concello un convenio para levar a cabo un Programa de nutrición saudable para os nenos e nenas que por razóns de conciliación familiar laboral teñen que acudir pola mañá ao colexio en horario de 7:30 a 9:00 h. Este convenio conleva unha axuda económica cunha contía por determinar.
Lémbrase que cada curso escolar o tema dos comedores escolares é un tema a retomar cos organismos competentes nesta materia.
Neste espazo web manterase informados a todos os interesados dos acordos acadados na procura de manter este servizo.