Riscos das redes sociais
O xoves, 6 de febreiro, tivemos a visita do Inspector de Seguridade Cidadá do CNP da Comisaría de Ferrol-Narón. A charla foi ben interesante para todo o auditorio, composto polo alumnado de 6º. O Inspector falounos de todos os riscos que comporta o uso das redes sociais, as precaucións que temos que seguir e as consecuencias en caso de non facermos caso. Despois desta benéfico diálogo estamos moito máis preparados e preparadas para afrontar os retos da nosa presenza na rede.