Segundo encontro: Proxecto Enciende
Continúa O Arcano da Solaina…
Hoxe, mércores 29 de xanerio, tivo lugar o segundo encontro entre o alumnado de 4º de EP, as titoras e os científicos do Proxecto Enciende para coñecer os progresos no “Arcano da Solaina”.
A ocasión serviu, ademais de, para intercambiar impresións coas mestras que desenvolven o traballo nas aulas, traer novos coñecemento científicos e matemáticos que permitirán descifrar o apelido da avoa de Uxía. E, sobre todo, foi unha oportunidade para que o alumnado relatara e compartera entre sí as aprendizaxes ao longo destes meses.
Ao longo deste trimestre nas aulas de 4º continuarase traballando neste proxecto con dous obxectivos fundamentais. Por unha banda, achegar ao alumnado ao mundo da ciencia e, por outra banda, fomentar o uso das TICS.
Como premio ao esforzo do alumnado, un agasallo moi ben recibido por parte de todos, unhas camisetas co logo:
T fwhfst If xtgfnsf
Se queredes seguir o día a día deste proxecto, preme nos siguientes enlaces: ENLACE 1 e ENLACE 2.