PISTA DE EDUCACIÓN VIARIA 3º e 4º.
Os días 21 e 22 de xaneiro os alumnos-as de 3º e 4º cursos de primaria realizaron as prácticas na pista itinerante de educación viaria do concello de Narón. Durante un tempo os alumnos fixeron os papeis de peóns e de condutores cos karts a pedais sobre a pista sinalizada ao efecto.Estas prácticas estiveron guiadas polos monitores do equipo de educación viaria do concello.
Nas seguintes imaxes podedes velos na súa participación nesta actividade.