...e, de tanto ler...
Hoxe, as actividades do colexio tiveron un carácter especial. O panel da entrada recollía que o 23 de abril se conmemora o Día Internacional del Libro.
As iniciativas que levamos a cabo tiñan un claro obxectivo: fomentar no alumnado o gusto pola lectura no marco da conmemoración do Día do Libro.
Tanto o alumando coma os mestres tivemos presente a figura de Cervantes e o seu libro "El ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha".
Nas aulas, un amplo abano de actividades: música, imaxes, textos...relacionados coa mundialmente coñecida obra e, grazas ás novas tecnoloxías, visualización en directo da entrega do premio Cervantes ao escritor José Manuel Caballero Bonald