Exercita os miolos!
Breixo,Xaime,Xurxo , Candela
e Xiana fixeron un test.
Xiana obtivo maior puntuación que Breixo,
Xurxo puntuou máis baixo que Xaime
pero máis alto que Candela ,
e Xaime acadou menos puntos
que Breixo.
Quen obtivo a puntuación máis alta?
solución:Xiana.
Se Xacobe fala máis baixo que Xandre
e Anxo fala máis alto que Xandre,
fala Xacobe máis alto ou máis baixo que Anxo?
Solución: Máis baixo.
Cantos animais teño na casa,
sabendo que todos son ratos menos dous,
todos son porcos menos dous
e todos son galiñas menos duas?
Solución: 1 rato,1 porco e 1 galiña.
Pon dez vasos en fila;
os 5 primeiros cheos de zume e os 5 derradeiros valeiros.
Cantos vasos hai que mover para formar con eles
unha fila onde os vasos valeiros e os cheos vaian alternando?
Solución: Só 2.
O contido do 2º vaso vertese no 7º e o do 4º no 9º.
Hai ratos nun caixón ,cada rato nun recanto ,
cada rato ve tres ratos. Sabes ti cantos ratos son ?
Solución: Catro ratos.
Unha mazá ,outra mazá ,mazá e media e media mazá.
Cantas mazás son?
Solución: catro mazás.
Temos 25 castañas si se empregan todas menos 7 para facer o caldo .
Cantos froitos quedan?
Solución: Quedan 7.
Nunha fraga había xabaríns e paspallás. En total había 30 ollos e 44 patas .
Cantos xabaríns e paspallás había?
Solución: 7 xabaríns e 8 paspallás .
O verme pensa que tanto el como a lagarta están tolos .
Si o que cree o sensato e o que cree o tolo é sempre falso .
A lagarta está corda?
(Orixinal de Lewis Carroll).
Solución: A lagarta está corda e o verme tolo.
Enviados por chus.