Coa mochila a costas

 

 Nuns días, o alumnado do colexio realizará o traxecto entre o centro e a súa casa coa compañía, ás súas costas e dentro dunha mochila, de todo o material necesario para o seu día a día escolar. Aínda que dende o centro procuraremos, como todos os anos, reducir o peso da mochila optando porque parte do material quede nas aulas, é importante concienciar de que as costas hai que coidalas. Por iso, dende orientación remitímosvos o enlace á web das costas, espazo onde encontraredes información de utilidade desta parte do corpo e onde, a través da lectura de "O conto das costas" se pode dispoñer de información práctica para previr as dores de costas no alumnado.