A particular visión do alumnado
A Particular visión do alumnado
Pasámolo moi ben!
Candela Ibáñez Francisco
6º E primaria. Curso 2011-2012
O día 7 de Marzo, os ne@s de 5º e 6º tivemos unha charla na biblioteca do centro co escritor Gonzalo Moure Trénor (Valencia, 1951).
Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu libro: "Los caballos de mi tío".Contounos que estivo traballando durante 16 anos como xornalista unha canle de radio na que narraba partidos de fútbol e tamén informaba sobre as noticias de actualidade…Tamén estivo traballando como guionista na televisión.
Acerca do seu libro, contounos que o escribiu despois de vir da súa primeira viaxe ao Sáhara (alí inaugurou bibliotecas), por iso lle puxo de nome aos cans do protagonista o nome de Sáhara y Tinduf, pero nos contou moitísimas cousas máis: como que os protagonistas do libro están baseados na súa vida, que é moi duro ser escritor... posto que moitos veces as editoriais no publican o libro porque o autor no é famoso...