No colexio... xa estamos de entroido!

Aínda que faltan uns días para as datas grandes do Entroido (20, 21 e 22 de febreiro), cando o alumnado estará de vacacións e poderá disfrazarse e disfrutar das comparsas, no colexio xa estamos quentando o ambiente.

Por iso este xoves, 9 de febreiro, e o venres, día 10, comezamos celebrando o "Xoves de Compadres" e o "Domingo Fareleiro".

Descarga aquí o Ciclo do Entroido.

Deixamos unhas fotos na galería e... ¡seguiremos, pois queda moito Entroido por diante!

 

 

Fotografías realizadas por Antonio Porto.