Funcionamento do Departamento de Orientación
O Departamento de Orientación do CEIP A Solaina, ao comezo deste curso 2011-2012, proponse facer partícipe do seu funcionamento interno á Comunidade Educativa expoñendo as súas liñas de identidade máis relevantes.
Estratexias metodolóxicas e organizativas de atención ao alumnado con N.E.A.E.
-
1) Dar prioridade ó alumnado con necesidades de apoio educativo permanentes.
-
2) Prestar atención ó alumnado con dificultades de aprendizaxe que requiran apoio especializado, dando prioridade ó alumnado de infantil e dos primeiros niveis.
-
3) Os apoios faranse preferentemente nas aulas ordinarias, ou na aula de P.T., se fose preciso.
-
4) A distribución horaria será variable segundo a evolución do alumnado e a dinámica do centro.
-
5) A organización dos apoios deberá ser aberta, flexible e suxeita a modificacións ó longo do curso.
Estructura do Departamento de Orientación
O orientador
Antón López