PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR

O Punto Laranxa ten como obxectivo erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outros membros da comunidade educativa. O anonimato é a fórmula que da seguridade á hora de denunciar.

Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, podes escribir unha mensaxe ANÓNIMA, tanto no buzón do punto laranxa físico, debaixo da escaleira de Voz Natura, como a través do Punto Laranxa virtual neste enlace.