Visita ás Telleiras

 O alumnado de 6º de primaria visitou a mércores 12 de xuño de 2024 o IES As Telleiras. Como xa é costume estes anos, fixemos o desprazamento en bici acompañados da Policía Municipal de Narón. Déronnos unha charla coa oferta formativa e coas experiencias de antigos alumnos do noso centro. Despois visitamos as instalacións. Marchamos con moitas ganas de comezar o curso con forza.