Visita Miguel Anxo Romero: Día da Poesía
O pasado marzo para celebrar o día da poesía os nenos e nenas de 3º e 4º recibimos a visita do autor Miguel Anxo Romero.
Ensinounos os seus contos de poemas e as súas ilustracións e animounos a seguir sempre os nosos soños e a facer as cousas que nos gustan.
Ademais, fixemos con el uns libriños moi chulos e ata nos fixo un poema personalizado para A Solaina.
Tamén practicamos ler poemas de formas dierentes: cun boli na boca, rindo, como se tivésemos frío...Foi moi divertido.
Como agradecemento regalámoslle un libro ilustrado por nós mesmos cos poemas que máis nos gustaron dos seus contros e... encantoulle!
Ata a próxima Miguel Anxo, moitas grazas!