Semana europea da mobilidade_2023
O Equipo de Educación Viaria do Concello de Narón infórmanos que está a participar estes días na semana europea da mobilidade. O venres 22 vai celebrar o "Día sen coches" cortando o tráfico na Avda. Cataluña (diante de Odeón), levando a cabo durante todo o día moitas actividades, pola mañá para os colexios, asistirá 4º de primaria da Solaina, e pola tarde haberá actividades deportivas, culturais e concertos ao longo de toda a rúa, podendo participar as familias.