25 de novembro: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero [2022]
O 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, conmemoramos o día con varias actividades para concienciar sobre a necesidade de erradicar esta lacra exercida contra as mulleres.
Por unha parte participamos coa FANPA Ferrolterra no IV Programa Escolar de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero, coa campaña “ROMPE A CADEA DA VIOLENCIA DIXITAL”.
Doutra banda,acudimos cos outros coles de Narón á IX Andaina/Marcha Ciclista pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero. Podes ver aquí, entre outros materiais, unha reportaxe fotográfica sobre os diferentes eventos e o vídeo colectivo da FANPA.
ROMPE A CADEA!