INFORMACIÓN DE COMEZO DE CURSO

ENTREGA DE MATERIAL 1º E 2

Infórmase que o martes 6 de setembro pódese ENTREGAR O MATERIAL do alumnado (NON OS LIBROS DE TEXTO) nas respectivas aulas de 1º e 2º. No caso de 1º pódese consultar a clase que lle toca a cada alumna/o a través de aplicación ABALAR. O horario é o seguinte:

11:30 a 12:00h: 1ºA. 12:00 a 12:30h: 1ºB. 12:30 a 13:00h: 2ºA. 13:00 a 13:30h: 2ºB. 

MATERIAL 3º E 4º

Material para o primeiro día (xoves 8): axenda, estoxo, panos, cadernos de LC e MA.

Material para o segundo día (venres 9): dúas carpetas e cadernos de LG e Ciencias. 

COMEZO DO CURSO: XOVES 8 DE SETEMBRO, en horario normal de 9:00 A 14:00 HORAS. Como en anos anteriores á pandemia, as saídas distribúense do seguinte xeito:

-INFANTIL: 13:50H. Entregas do alumnado pola porta principal do edificio, agás 4ºEI (3 anos).

-1º E 2º: 13:55H. Entregas do alumnado pola porta este do edificio.

-3º, 4º, 5º, 6º: 14:00H. Entregas do alumnado pola porta principal do edificio.

Servizo do comedor: dispoñible desde o primeiro día. Pregamos a todas as familias que teñan programado a asistencia ao comedor durante estes primeiros días, que COMUNIQUEN CON ANTELACIÓN AO COLEXIO OS DÍAS QUE TEÑEN PREVISTO O SEU USO.