Actividade 04 - Capturas de pantalla
Unha cousa moi sinxela e á mesma vez útil nalgúns casos é capturar unha imaxe do que estamos a ver na pantalla do noso ordenador para mostrarlle a alguén, sobre todo ao instalar programas, para que vexa as opcións que temos marcadas e nos axude.
Isto en windows facémolo premendo á vez dúas teclas:
- a tecla maiúsculas (a da frecha cara arriba)
- a tecla "Imp pant", que significa: imprimir pantalla
Cando prememos á vez estas dúas teclas parece que o ordenador non fai nada, pero acaba de copiar unha imaxe de todo o que temos na pantalla, e quédamos abrir algún programa (Word, Power Point, Wordpad...) para pegala facendo click no botón dereito do rato e dándolle a pegar, ou premendo á vez as teclas "ctrl" e "v".
Un exemplo podémolo ver así:
*A actividade 04 consiste en enviarme por e-mail unha captura de pantalla do escritorio do voso ordenador. Pegádela nun Word e adxuntádelo ao email. Non esquezades poñer ben o asunto.