Visita ao CIFP Ferrolterra
Dentro do Proxecto Atrévete 18-19, o alumnado de 6º curso de primaria acompañado polos seus titores/as e orientador do centro, visitarón varios obradoiros do CIFP Ferrolterra. Foron recibidos polo Director e Orientadora do centro recibindo un agasallo consistente nunha mochila e un pendrive. O obxectivo deste programa é dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras, e sensibilizar á comunidade educativa da importancia de construír e fomentar unha nova cultura emprendedora. Así mesmo preténdese desenvolver as competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento que prepare ao alumnado para confiar nas súas capacidades. Desexando de que se queren desenrolar algunha inicitiva de futuro no mundo empresarial e laboral que se atrevan a redactala e dita redacción será enviada a un concurso "ATREVETE 2019". Lembramos que nalgún curso anterior xa gañou dito concurso un neno deste centro. Concurso “Atrévete a ter unha idea”: Dirixido ao alumnado participante neste programa. Consiste en buscar unha boa idea de negocio, redactada como máximo en dous folios. Os traballos serán individuais. O prazo para a presentación remata o 22 de maio de 2019.