Audio

Cantiga do Entroido 2012

 

Ai se suspendo

Pitufos, pitufos.

Así estes me matan.

Ai! se suspendo. 

Ai! Ai! non suspendo.

 

Pitufos, pitufos.

Calquera aproba todo.

Xa desespero.

Se non aprobo morro.

 

Traio un estoxo con cores

e unha goma para borrar.

Na cabeza teño unhas dores,

non sei se poderei aguantar.

 

Tola, tola. 

Así levo a cabeza.

Ai, eu non falo.

Ai, ai, eu non falo.

 

Axiña,  axiña.

O recreo ven  axiña.

Ai! chame a un mestre.

Ai! Ai! chame a un mestre.

 

Eu estudei pola tarde

e non puiden ir a nadar.

Este ano vainos dar a risa,

estes mestres aínda nos han de matar.

 

Pitufos, pitufos.

Así estes me matan.

Ai! se suspendo. 

Ai! Ai! non suspendo.

 

Pitufos, pitufos.

Calquera aproba todo.

Xa desespero.

Se non aprobo morro.


2:31 minutes (2.31 MB)

Canción para a Paz

 

 Letra

Os tímpanos estoupan

pola gorxa crebada,

ledicia que virá.

Rebenta un alarido

polo monte e o río

camiño cara a Paz.

Toda miña alegría

levanto neste día

meu canto pola Paz.

A Paz en todo o mundo

como un suco profundo

onde floreza o pan.

Os fabricantes das querelas ¡que se marchen!

Endexamais han de volver, endexamais.

Os campesiños, mariñeiros e estudiantes

daranse as mans para loitar pola paz.

Miles de nenos coas campás da esperanza

traen o berro desta nai universal.

HAI QUE LOITAR! HAI QUE LOITAR! HAI QUE LOITAR! HAI QUE LOITAR!

PARA QUE A GUERRA XA NON VOLVA ENDEXAMAIS.(BIS)

 

...e o mural coas nosas pegadas visto polos nenos.


2:56 minutes (2.69 MB)

Rap da Paz

Na clase de Valores, en 5º A, creamos e gravamos o "Rap da Paz"


0:50 minutes (784.53 KB)

Rap de Ghandi

Na clase de Valores en 5º A seguimos a facer rap.


1:19 minutes (1.21 MB)
Distribuir contido