Información
Fin de curso. Graduacións e actuacións
Esta semana é unha das datas sinaladas no calendario escolar: o alumnado deixa as clases logo de tres intensos trimestres.
O martes, día 21, o alumnado de 5 anos celebrou a súa graduación de etapa ante a orgullosa mirada de familiares e mestres.
O día 22 chegou o turno do alumnado de 6º de EP. Para celebralo, xogouse o tradicional partido entre mestres e alumnado e sucedéronse diversas actuacións musicais.
Dende estas líñas, o colexio desexa a todos e a todas un bo verán!
Información para o curso 2016-2017
a) COMEDOR ESCOLAR DE XESTIÓN INDIRECTA
- Modelo de solicitudes.
- Circular informativa
*** PRAZO: DO 8 DE XUÑO AO 28 DE XUÑO , ÁMBOLOS DOUS INCLUSIVE***
b) AVISO: FONDO SOLIDARIO/AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
C) NOVAS: Curso 2016-2017
- Correción erros:
- PROXECTO CANTO SABEMOS NIVEL 1 O PITIÑO. Ed SAntillana .2013 (galego)
- Listaxe de material escolar 3 anos, engadir: 1 sobre de plástico con peche de velcro. Medidad 18cm x 24,5(ancho)
- Proxecto Canto sabemos : O Museo. Editorial Santillana ISBN 978-84-9972-938-1 4 anos
- Proyecto Bichitos al Sol. Edelvives ISBN 978-84-263-9193-3 4 anos
REUNIÓN de nova incorporación (3 anos)
- MARTES; 28 de xuño.
- hora: 11.30 H
Novas alumnado de 6º Educación Primaria
Aviso de reunión
O vindeiro martes, día 31 de maio, ás 16.00h haberá unha reunión cos pais/nais/titores legais do alumnado de 6º de Educación Primaria para tratar:
- Excursión fin curso a Cantabria.
- Fin de primaria. Recollida de documentación.
- Información do IES As Tellerias facilitada pola dirección e orientadora.
Avaliación individualizada de terceiro curso e final de educación primaria
Avaliación individualizada de terceiro curso e avaliación final de educación primaria
Enlace á Resolución do 18 de abril do 2016
- 6º EP: días 11,12 e 13 de maio.
- 3º EP: días 24 e 25 de maio.
- INFORMACION para as familias.
- INFORMACIÓN para as familias de 3º EP
Día de la Tierra
Este 22 de abril, "Día Intenacional de la Madre Tierra", dúas actividades marcaron a xornada escolar co obxectivo de pór en valor esta nosa Terra.
- Plantación de flores ornamentais no patio escolar do colexio dentro do Programa de Voz Natura .
- Asistencia ao teatro no Pazo da Cultura coa obra: "2021: unha odisea na Terra" dentro do Programa de Educación Viaria .
O Delegado territorial da Xunta na Coruña, de visita no CEIP A Solaina
O mércores, día 2 de marzo, o CEIP A Solaina recibiu a visita do delegado provincial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Diego Calvo Pouso.
Dende o centro presentámoslle algúns dos nosos principais proxectos, entre os que figuran "Merendas saudables", "Educación Viaria", PLAMBE. A iso sumouse un percorrido con el polas recén instaladas aulas dixitais. Tamén aproveitouse a ocasión para transmitirlle algunhas das necesidades do centro nestes momentos como a mellora nas instalacións no comedor escolar ou a cobertura de parte do patio principal.
Tamén visitou algunhas aulas e intercambiou impresións co profesorado e co alumnado.
Dende o centro agradecémoslle a súa visita e a cordialidade do encontro.
2ª Marcha pola Igualdade do Concello de Narón
A Marcha pola Igualdade prevista para o dia de hoxe, mantense segundo o previsto.
Día non lectivo
- Lémbrase que o vindeiro luns, día 23 de novembro, o centro permanecerá pechado por festividade local en Narón.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »