Secretaría, Información, Documentación
Admisión de alumnado
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar o mércores, 29 de xaneiro, o Anuncio do inicio do procedemento de admisión do alumnado para o curso 2014/2015.
Enlace á publicación da Consellería.
Neste espazo publicarase a normativa, os plazos e todas as novas relativas a este proceso de admisión para o curso 2014/2015 no noso centro.
No referido Proxecto cómpre destacar ata o momento:
- O alumnado matriculado ten garantida a súa permanencia.
- O alumando de 6º de EP que vaia cursar a ESO no IES As Telleiras cubrirá o ANEXO I de reserva de praza.
- A reseva, unha vez realizada, ten carácter vinculante, será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro salvo renuncia expresa antes de que se inice o prazo de presentación de solicitude de admisión.
Avaliación de diagnóstico
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar no DOG 11 de xaneiro de 2013 a Resolución do 2 de xaneiro de 2013 que regula a Avaliación de Diagnóstico para este curso 2012-2013 e que afecta ao alumnado que cursa os estudios de 4º curso de Educación primaria.
Escolarización: Decreto de admisión de alumnado
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar o Decreto 254/2012, do 13 de decembro, (DOG 26/12/2012) polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
Actividades ANPA 2012-2013
Co inicio do mes de outubro, comeza tamén, como tódolos anos, o programa de actividades extraescolares promovidas e organizadas pola ANPA do CEIP A Solaina.
Este ano ás actividades habituais, súmanse novas propostas.
En total, máis de 150 nenos e nenas participan nesta oferta, un complemento indispensable e moi útil para que o noso alumnado emplee o seu tempo libre formándose e adquiriendo novas destrezas á vez que se divirten.
No PDF adxunto, pódese consultar o calendario de actividades.
Fuente:tiempodeocioenlaescuela.blogspot.com
Dende o centro agradecemos aos novos membros da ANPA a súa colaboración con este programa, e enviamos tanto aos organizadores como aos participantes os nosos mellores desexos.
Para información e consultas, e-mail ANPA:anpaasolaina@yahoo.es
Curso 2012-2013
Con motivo do inicio do curso escolar 2012-2013, cuxo comezo para o alumando será o mércores día 12 de setembro -con horario de 09.00 a 14.00 horas, agás alumando de 3 anos- dende o colexio se adianta o calendario escolar e se comunica a pais, nais ou titores que permanezan atentos a esta web onde terán á maior brevidade posible a información referida a:
- Material escolar para alumnado de EP.
- 1º Ciclo Corrección de erros: A libreta de 1º curso de pauta ancha.
Outros temas de interese xeral:
Aviso en relacion á recollida da documentación do alumnado de 6º EP
O alumnado de 6º xa pode pasar a recoller o Historial académico e o libro de escolaridade.
Admisión alumnado: curso 2012-2013
Publícase resolución do proceso de admisión do curso 2012-2013 no CEIP A Solaina.
Contra a presente Resolución cabe presentar Recurso de alzada ante a Xefatura Territorial nun prazo dun mes.
*Lémbrase que do 20 a o 30 de xuño ábrese o prazo para formalizar a matricula.
*De non realizalo no prazo establecido, decaerá o dereito á praza obtida.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »