Escolares, Ed. física, Idioma extranxeiro, Infantil, Música, 1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Relixión
NOTA INFORMATIVA PRIMEIRO CICLO
Poñemos en coñecemento dos pais/ nais /titores do 1º cilo de educación primaria que a saía a Betanzos, realizarase o martes. día 17 de xuño.
3º encontro Proxecto Enciende
Tras 9 meses de traballo, conclúe oficialmente o proxecto " O arcano da Solaina", proxecto desenvolvido no centro polo alumnado de 4º de educación primaria.
O referido proxecto concluíu coa visita dos científicos Elena Vázquez Abal e Casto Rivadulla Fernández.
Neste encontro, o alumnado recibiu os premios e correspondentes agasallos (libros, puzzles, estoxos, camisetas... ) tanto pola súa labor como pola súa participación; agasallos procedentes do Fondo Europeo de Desarrollo Regional (Feder), no marco do proxecto GRC2013-045., e de Divulgamat (Real Sociedad Matemática Española)
Como xa comentamos nos seus comezos, o obxectivo era aplicar as matemáticas para descubrir o apelido dunha figura naronesa do pasado panorama literario da nosa comarca: Mercedes Novo de González.
O día a día desta experiencia puido seguirse no blog "O arcano da solaina 4"
Imaxes do acto.
Día das Letras Galegas: Xosé María Díaz Castro
Con motivo da LII edición da celebración das Letras Galegas na que se rinde homenaxe a escritores ou escritoras das nosas letras, o colexio inicia unha seria de actividades que culminarán coa Festa dos Maios o vindeiro 23 de maio.
Este ano, o 17 de maio, Día das Letras Galegas, adicado a Xosé María Díaz Castro, o alumnado achegouse á súa figura e á súa obra a través de paneis informativos colocados na entrada, do visionado de vídeos na biblioteca, de actividades interactivas nas aulas... actividades que permitiron afondar e coñecer a súa poesía e, en concreto, a súa obra Nimbos.
Como actividade salientable, o alumando de 6º achegouse aos máis pequenos facendoos partícipes do seu entusiamo pola lectura.
Obradorio de nutrición
Ao longo da segunda quincena do mes de abril, Cristina Ortiz, Licenciada en Ciencias e tecnoloxía dos alimentos, acompañou ao alumando de 6º de educación primaria coa realización de actividades encamiñadas á consecución de hábitos na alimentación dentro do marco do Proxecto de Alimentación saudable que se desenvolve no noso centro.
As actividadesw foron diversas e todas elas tiveron como protagonista indiscutible os alimentos e a súa importancia na nosa saúde.
Clicea na imaxe e participarás nesta interesante experiencia.
Convivencia 4º educación primaria
Na seguinte presentación pódese visualizar a información da Convivenca na "Granja El Kiriko" de Fornelos de Montes.
Saídas escolares: maio e xuño
Achégase o final do curso 2013-2014 e, un ano máis, organizáronse as tan esperadas excursións.
Saídas de educación infantil:
- Museo do Humor, Fene e, parque de educación vial, Barallobre. Alumnado de 3 anos.
- Ares. Alumnado de 4 anos.
- Marcelle. Alumnado de 5 anos.
Saídas de educación primaria:
- Aula da natureza (Chelo), Pasatempos e Museo das Mariñas (Betanzos). 1º ciclo.
- Buño. Malpica e Dolmen de Dombate. 3º educación primaria.
- Granxa escola El Kiriko. Fornelos de Montes. Pontevedra. 4º educación primaria.
- Estaca de Bares. O Barqueiro. 5º educación primaria.
- Portugal. 6º educación primaria.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »