Saída do 3º ciclo a Santiago
Fomos a Santiago, ía sendo hora.
O alumnado de terceiro ciclo fixo o martes 30 de abril unha saída á capital de Galicia, Santiago de Compostela. Pola mañá dividímonos, 5º visitou o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e 6º a Cidade da Cultura (CDC). Chegou a hora de xantar todos xuntos na Alameda, para despois do mediodía facer unha visita rápida ao centro histórico e á catedral. A última hora tocou o Museo do Pobo Galego (MPG).
Toda a visita foi amenizada en boa parte do tempo pola deusa Chuvia e o deus Frío. Desde aquí agradecémoslles a súa colaboración por non descargar máis auga da que caeu nin máis vento do que nos acariñou.
Se queredes ver as fotos premede aquí.
English projects
Our Projects. Classes 6A and 6B.
This is our last project. It´s about our favourite animals: wild animals from all over the world and popular pets,too.
We enjoyed animals and we enjoyed making these projects ,too.
Do you like them?
...e, de tanto ler...
Hoxe, as actividades do colexio tiveron un carácter especial. O panel da entrada recollía que o 23 de abril se conmemora o Día Internacional del Libro.
As iniciativas que levamos a cabo tiñan un claro obxectivo: fomentar no alumnado o gusto pola lectura no marco da conmemoración do Día do Libro.
Tanto o alumando coma os mestres tivemos presente a figura de Cervantes e o seu libro "El ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha".
Nas aulas, un amplo abano de actividades: música, imaxes, textos...relacionados coa mundialmente coñecida obra e, grazas ás novas tecnoloxías, visualización en directo da entrega do premio Cervantes ao escritor José Manuel Caballero Bonald
Bedrooms
My Bedroom
Several Year 3 children have made a nice work for us elaborating a scale model of their bedrooms along with texts describing the location of different items they’ve got.
There’s a small exhibition in the school atrium. Come and see it!
Mr.Ivan
My bedroom_2012-2013
Animación á lectura
Este curso, no marco do programa "Animación á lectura" -coordinado polo equipo da biblioteca escolar-, todos os ciclos están desfrutando e, nunca mellor dito, animándonse a ler a través da visita que realizan ao centro os autores dos libros que están a diario nas aulas a disposición do alumnado. Estes libros forman parte da biblioteca de aula do Proxecto Lector.
Nas vindeiras semanas haberá novas visitas ao colexio.
- O luns, 15 de abril, a escritora Fina Casalderrey acudirá á Solaina para conversar cos nenos e nenas de 1º acerca do seu libro: Quen me quere adoptar ?
- O mércores, 17 de abril, o escritor Anxo Fariña comentará co alumnado de 5º e 6º o seu libro: Os megatoxos. Podes estar en contacto co escritor a través do seu blog.
Grazas, escritoras e escritores, polas vosas visitas e por obras tan fermosas!
Animación á lectura 2012-2013
Conmemoración do Día Internacional do pobo xitano
Fundación Secretariado Gitanowww.gitanos.org
O pasado luns, 8 de abril, o colexio da Solaina sumouse á conmemoración do Día internacional do pobo xitano con diversos actos nos que o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación primaria participou con interese.
De entre os actos, de carácter meramente lúdico, destacou a solta de globos, concluindo coa lectura dun manifesto acerca da orixe desta data no que se explica cando e como xurdiu esta conmemoración.
A iniciativa estivo promovida pola Fundación Secretariado Gitano NARÓN.
Saída educativa ao Aquarium Finisterrae da Coruña
O pasado xoves, día 28, @s nen@as de 5 anos fixemos unha visita ao Aquarium Finisterrae da Coruña.
Pasámolo de medo, e todos estamos de acordo en que o que máis nos gustou foi "Gastof o tiburón" e ver como comían as focas.
Ademais, as nosas mestras queren que todo o mundo saiba que nos portamos moi ben, ata o punto de que as felicitaron as monitoras do Acuario polo que se senten moi orgullosas de nós.
1º Ciclo en Aldea Nova
O alumnado do 1º Ciclo realizou diversas actividades en Aldea Nova adquirindo novas aprendizaxes en directo.
A implicación dos monitores fixo pòsible que aprender e disfrutar discorriran da man.
1º Ciclo en Aldea Nova.
"Comer ben, comer san"
Este pasado venres, día 8 de marzo, os nenos e nenas de 2º A e 2º B participaron no obradoiro:
" Comer ben, comer san" levado a cabo por cinco alumn@as do IES "San Pedro de Leixa".
Ademais de ampliar os seus coñecementos sobre a alimentación saudable, gozaron en diferentes actividades rematando coa degustación de brochetas de diversas froitas.
Obradoiro 2º EP
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- seguinte ›
- última »