Relación das saídas de fin de curso
Un ano máis a ANPA do CEIP A Solaina coopera con subvencións nas excursións que se realizan a finais de curso.
A celebración da festa da ANPA, o domingo, día 16 de xuño, conta cun programa especialmente atractivo:
- Pola mañá, no pavillón, a tradicional mostra de actividades levadas a cabo durante o curso, e, unha novidade: xogos de maxia que tanto agradan a nenos e non tan nenos.
- Ao mediodía, xantar de convivencia.
- Xa pola tarde, no recinto escolar, xogos inchables, festa da espuma... para desfrute de todos.
Contamos con todos vós para facer que a despedida deste curso sexa especial!
No itinerario poden descargar as imaxes que recollen os momentos máis representativos:
- 3/4 anos.- Granxa Belelle_,21 de maio.
- 5 anos.- Parque zoolóxico de Marcelle (Lugo,28 de maio).
- 1º Ciclo de EP.- Mera-Ortigueira, 18 de xuño.
- 3º Ep.- Buño (A Coruña,4 de xuño).
- 4º EP.- As Médulas -Ponferrada, 6 e 7 de xuño.
- 5º Ep.- Illa de Ons (Pontevedra, 14 de xuño).
- 6º Ep.- Portugal, 28,29,30 e 31 de maio.
Letras Galegas 2013
O mércores, día 22 de maio, celebrouse no pavillón do centro o Día das Letras Galegas 2013 adicado nesta edición a Roberto Vidal Bolaño.
O profesorado tratou de achegar a súa figura ao alumnado que participou activamente no programa de actividades coordinados dende Educación Musical.
Horas de ensaios, elaboración do maio, concurso de carteis...fixeron posible o resultado que se mostra.
O grupo Alxibeira de Narón acompañounos neste acontecemento.
Ao final do acto mestres e alumnado realizaron un simulacro de evacuación e desaloxo co protocolo establecido.
Deste feito fíxose eco a prensa local tal e como se mostra no enlace.
6ª MARCHA CICLISTA ESCOLAR CONCELLO DE NARÓN
Enviado por Anónimo o Lun, 05/20/2013 - 15:28Como estos últimos cursos e van... seis, o equipo de educación viaria do concello de Narón organizou a 6ª marcha ciclista escolar como remate ás actividades deste curso.
Ás 10 horas saímos do colexio para agruparnos cos demais coles participantes no aparcadoiro de costume. Dende alí continuamos o noso camiño cara o paseo de Xubia facendo paradas para recoller aos outros colexios.
Ao chegar, aparcamos as nosas bicis no lugar asignado e despois fomos recoller o almorzo que nos tiña preparado a organización.
Despois de toma-lo almorzo comezaba a festa con música para bailar todos xuntos, pero o tempo xugounos unha mala pasada e... tivemos que voltar apuradamente para os nosos coles sen remata-la festa que estaba preparada.
Bueno, o ano que ven esperamos que o tempo nos axude, mentres tanto podedes ver algunhas imaxes da marcha na galería que ven de seguido.
Vémonos o vindeiro curso e felices vacacións!
CORRELINGUA 2013
O pasado luns, día 13 de maio, e con motivo a 13ª edición do Correlingua o alumnado de 2º e 5º de Primaria participou activamente nesta nova convocatoria.
O lema deste ano: Galego, a chave do mundo serviu para que todos os participantes desfrutaran neste acto de apoio e defensa da nosa lingua.
A xornada contou con actividades ao aire libre na Alameda de Ferrol, xogos e diversos actos no Teatro Jofre.
VISITA Á CAPELA DA "O" EN PEDROSO
O venres, día 10 de maio, fomos convidados a visita-la capela da Virxe da "O" pola concellería de turismo do concello de Narón.Tódolos participantes levamos o noso pano de "romeiros" que nos regalou o concello.
As 10:30 horas partimos dende o colexio camiñando ate a estación de Sta. Icía para colle-lo tren que nos levaría ata a estación de San Sadurniño.
Unha vez alí, collimos as nosas bicicletas e pedaleamos durante uns catro kilómetros acompañados polos alumnos-as e profesores-as do colexio de San Sadurniño ata chegar a capela da "O" en Pedroso.
Á chegada alí nos agardaban a concelleira de turismo e o vicepresidente da asociación de veciños que nos recibiron e nos deron un diploma acreditativo da nosa chegada ata a capela. Despois de almorzar e repoñer forzas, fixemos unha visita á capela onde a arquiveira do concello de Narón nos explicou a orixe,tradicións e costumes da Romaría da Virxe da "O".
Sobre as 12.30 horas regresamos algo cansos, pero mopi satisfeitos desta xornada onde aprendimos máis sobre as nosas tradicións e ó mesmo tempo nos divertimos cos nosos compañeiros.
Foi unha experiencia moi interesante... podedes ve-las fotos na galería de imaxes.
Actividade: "Que non arda o noso monte"
O venres 10 e o luns, 13 de maio, a visita dun grupo de membros do Distrito Forestal I - Ferrol- fixo que o alumnado pasase unha agradable e didáctica xornada.
Membros do grupo explicaron ao alumnado como é o día a día dos homes e mulleres que, cando hai un lume nos nosos montes, traballan arreo para apagalo e minimizar os seus danos. Por outra banda, insistiron na importancia da prevención dos lumes.
Os nenos e nenas quedaron sorprendidos de como con pequenos xestos ao alcance da súa man, tales como apagar ben o lume despois dunha fogueira, extremar precaucións coas cabichas...poden contribuir a coidar os nosos montes e evitarlles este tipo de danos.
O incendio de hai un ano nas nosas queridas Fragas do Eume estivo moi presente durante a charla.Visualizaron imáxes do acontecido, da súa orixe e desfrutaron cunha presentación titulada O home do lume que serviu a todos nós para formarnos máis polo miúdo sobre este tema.
Esta visita tivo, ademais, un interesante compoñente práctico pois durante uns minutos os rapaces formaron parte da súa propia brigada antiicendios.
Visita do alumnado de CEE Terra de Ferrol
Representación: " A tartaruga que quería durmir" on PhotoPeach
O xoves 9 de maio un grupo de nenos e nenas do CEE Terra de Ferrol representaron para o alumnado de Infantil o conto tradicional "A tartaruga que quería durmir". O alumnado acudiu acompañado de mestras destinadas con anterioridade no noso centro.
O teatro sempre é unha ferramente para facernos reflexionar, e neste caso, a través desta representación puidemos desfrutar e valorar importancia da amizade.
Pola nosa banda, quixemos agradecerlles a súa visita e dedicación co agasallo dun par de contos que lles entregamos con grande satisfacción.
¡Moitas grazas pola vosa visita e xa sabedes que as portas do colexio están sempre abertas para vós!
Os Maios na Solaina
Un ano máis no noso centro se lle dá a benvida ao bo tempo coa tradicional "Festa dos Maios"que
se iniciou estes primeiros días do mes das flores, como manda a tradicción.
Os máis pequenos puideron disfrutar da elaboración do orixinal "Maio".
Estas composicións fixéronse con flores, herbas, froitas... de materiais de reciclaxe e funxible.
Como broche final, a mediados de mes, celebrarase unha actuación especial
na que dende Educación musical estase poñendo todo o interese para que sexa un gran acontecemento!
Elaboración do Maio 1º ciclo e Educación Infantil.
Saída do 3º ciclo a Santiago
Fomos a Santiago, ía sendo hora.
O alumnado de terceiro ciclo fixo o martes 30 de abril unha saída á capital de Galicia, Santiago de Compostela. Pola mañá dividímonos, 5º visitou o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e 6º a Cidade da Cultura (CDC). Chegou a hora de xantar todos xuntos na Alameda, para despois do mediodía facer unha visita rápida ao centro histórico e á catedral. A última hora tocou o Museo do Pobo Galego (MPG).
Toda a visita foi amenizada en boa parte do tempo pola deusa Chuvia e o deus Frío. Desde aquí agradecémoslles a súa colaboración por non descargar máis auga da que caeu nin máis vento do que nos acariñou.
Se queredes ver as fotos premede aquí.
English projects
Our Projects. Classes 6A and 6B.
This is our last project. It´s about our favourite animals: wild animals from all over the world and popular pets,too.
We enjoyed animals and we enjoyed making these projects ,too.
Do you like them?
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- seguinte ›
- última »