Información
ESCOLAS NO CAMIÑO
O alumnado de 4º e 5º de EP participa este ano, dentro do programa municipal Escolas no Camiño, en varios eventos relacionados coa posta en valor do Camiño Inglés a Compostela. O 9 de outubro recibiron unha charla informativa a cargo do historiador Andrés Pena e o martes 22 participaron na ruta polo tramo naronés do Camiño Inglés.
ABERTO O PRAZO DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA MATERIAL ESCOLAR
Aberto o prazo ata o 8 de xullo para solicitar as axudas municipais de material escolar para o curso 2019-2020.
As solicitudes poden presentarse :
- Na sede electrónica do Concello de Narón.
- No Rexistro Xeral do Concello, segundo modelo facilitado ao efecto.
- Por calquera outro dos medios previstos no art. 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Festa fin de curso
O venres 21 foi o derradeiro día do presente curso escolar. Xogamos o tradicional partido de fútbol entre o profesorado e o alumnado de 6º e despois gozamos das actividades programadas para toda a mañá.
Toca verán: FELICES VACACIÓNS!
Volvemos o 11 de setembro.
Comedor escolar. Curso 2019/2020
5. LISTAXE DEFINITIVA DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR.
4. LISTAXE PROVISIONAL DE USUARIOS DO SERVIZO DE COMEDOR.
3. IMPRESOS:
SOLICITUDE DE USO PARA A CURSO 2019-2020.
CALCULADORA PARA A AUTODECLARACIÓN.
2. INSTRUCIÓN 3/2019. [CORRECCIÓN ERROS INSTRUCIÓN 3/2019]
1. CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE SOLICITUDE DE PRAZA DO COMEDOR PARA O CURSO 2019-2020.
VISITA DA POLICÍA NACIONAL
Todo o alumnado do CEIP A Solaina coñeceu a cinco axentes da Policía Nacional que nos visitaron o 14 de marzo. Falaron e escoitaron aos membros do corpo policial que se achegaron con varios vehículos. Tamén lles ensinaron diverso material utilizado normalmente polos axentes. A diversión e o coñecemento estiveron aunados durante toda a mañá coa visita policial. Para ver as fotos pincha na foto.
CHARLA SOBRE ECONOMÍA CIRCULAR
O alumnado de quinto de primaria puido asistir o 13 de marzo a unha sesión sobre Economía Circular impartido polo director de comunicación da firma ITE Ambiental e patrono da asociación Galicia Ambiental, Benito García. Contamos con que a charla vaille espertar ao noso alumnado a sensibilidade sufciente para converterse na vangarda do cambio de modelo que está por chegar.
ADMISIÓN DO ALUMNADO 2019/2020
6. INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN
5. PRAZO DE MATRÍCULA: 20 DE XUÑO A 30 DE XUÑO [1 DE XULLO]
Anexo_III-1 (impreso de matrícula) [galego] [castelán]
Formalización de matrícula. Curso 2019/2020
4. LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO
Non admitidos/as_4ºEI (3 anos)
3. LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO
Non admitidos/as_4ºEI (3 anos)
2. LEXISLACIÓN, DOCUMENTACIÓN E ENLACES
Instrucións da Xefatura Territorial da Coruña
Admisión alumnado (Manual para as familias)
Decreto 254/2012, do 13 de decembro
Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG)
Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG)
Anexo I (reserva de praza) [galego] [castelán]
Anexo II (admisión de alumnado) [galego] [castelán]
1. INFORMACIÓN XERAL SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2019/2020
Resultado do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver desempates
Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os desempates
OFERTA DE POSTOS ESCOLARES DISPOÑIBLES (Poden sufrir modificacións. Publicación das vacantes definitivas antes do 15 de maio)
AREA DE INFLUENCIA DO CEIP A SOLAINA
VISITA FOTOGRÁFICA ÁS INSTALACIÓNS DO CEIP A SOLAINA
CIRCULAR CON INFORMACIÓN INICIAL SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2019/20
RESERVAS ADMITIDAS NO IES AS TELLEIRAS
PRAZO
O prazo de solicitudes de admisión do alumnado de novo ingreso é do 1 ao 20 de marzo (ambos inclusive). Pódese presentar o Anexo II na Secretaría do centro que soliciten en primeiro lugar, na aplicación admisionalumnado, asinando e presentando posteriormente ou na Sede electrónica da Xunta.
DÍA DA PAZ
Debido ás condicions meteorolóxicas adversas o día de 29 de xaneiro non puidemos realizar a ANDAINA POLA PAZ prevista para esa tarde. En cambio, ao día seguinte, 30 de xaneiro, celebramos o día da paz cun acto no que o alumnado de 3º e 5º tocou e cantou a canción Clandestino para todo o colexio. Podes para ver as imaxes do evento.
FESTIVAL DE NADAL
O 21 de decembro celebramos o Festival de Nadal con actuacións de todo o alumnado da Solaina e entregáronse os premios do CONCURSO DE CONTOS DE MEDO nas súas diversas categorías. Unha vez rematadas as actuacións tivemos a sorte de recibir ao REIS MAGOS. Se queres podes ver aquí as imaxes do festival.
Lembra que non volvemos das vacacións ata o martes 8 de xaneiro.
BO NADAL
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES
Un ano máis A Solaina colabora co Concello de Narón na Campaña de Recollida de xoguetes a favor do Centro de Recursos Solidarios de Narón. As familias poden colaborar nesta campaña doando xoguetes en bo estado que logo serán repartidos entre as familias máis necesitadas de Narón. Pódense depositar nos espazos habilitados no colexio desde o 19 de novembro ata o 18 de decembro.
Consellos a ter en conta á hora de doar xoguetes.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »