Complementarias, Viaxe de fin de curso. 6º

Os Maios na Solaina

Un ano máis no noso centro se lle dá a benvida ao bo tempo coa tradicional "Festa dos Maios"que

se iniciou  estes primeiros días do mes das flores, como manda a tradicción.

Os máis pequenos puideron disfrutar da elaboración do orixinal "Maio".

Estas composicións fixéronse con flores, herbas, froitas... de materiais de reciclaxe e funxible.

Como broche final, a mediados de mes, celebrarase unha actuación especial

na que  dende  Educación musical estase poñendo todo o interese para que sexa un gran acontecemento!


Elaboración do Maio 1º ciclo e Educación Infantil.

Rosalía de Castro na voz dos nenos

Pola súa importancia para a  nosa cultura, Rosalía de Castro é unha figura á que no colexio prestámoslle especial atención.

 

 

Estes días, con motivo do 176 aniversario do seu nacemento e do 150 da edición de "Cantares Gallegos", estamos levando a cabo o noso particular homenaxe a esta emblemática poetisa.

 

 

Como obxectivo? que os máis pequenos vaian coñecendo aspectos da vida e obra de Rosalía, tales como a súa importancia no denominado "Rexurdimento galego", a súa visión da paisaxe e natureza de Galicia, a súa vinculación con lugares como Padrón ou Santiago de Compostela... aspectos que, agardamos, sirvan para incrementar o coñecemento dos nenos e nenas da Solaina  e para que que vaian coñecendo a apreciando a fermosura de versos como... 

                                               Adiós ríos, adiós fontes,                       

             adiós regatos pequenos...

Imaxes na aula

 

No Entroido da Solaina houbo...

...pintores, cociñeiros, policías, doutores e enfermeiros, xuíces, traballadores do mar, músicos e persoas relacionadas co mundo do circo.

... degustación dos doces típicos do Entroido.

... música

... pasarrúas polo barrio.

...e, por suposto, a queima do Meco 2013.

 

 

 

 

 

  Todo resultou un éxito.  Detrás había semanas de obradoiros  e preparativos nos que o alumnado foi o protagonista.

 

Nos ciclos pódese atopar imaxes dos momentos previos ao desfile.

 

Imaxes da comparsa.

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2012

O 21 de decembro tivo lugar no noso centro o festival de Nadal con diversas actuacións por parte do alumando. Entre éstas destacaron varias panxoliñas, unha obra de teatro e os tradicionais bailes que tanto tiñan ensaiado o alumnado de 6º, para acabar coa interpretación por parte do profesorado do centro dunha panxoliña tradicional.

Aproveitouse este acto para facer entrega dos premios do CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL, así como do III CONCURSO DE CONTOS DE MEDO nas súas diversas categorías.

Unha vez rematadas as actuacións, todos nos diriximos ó exterior do centro para recibir a PAPÁ NOEL que este ano chegou nun vehículo de época. Posteriormente, Papá Noel foi polas aulas visitando a todos os alumnos, recollendo as súas cartas e entregándolles un pequeno agarimo para merendar.

Dende o equipo de Actividades Complementarias  aproveitamos para desexarlle a toda a comunidade escolar un PRÓSPERO ANO 2013.

Imaxes do referido acontecemento.

Entrando no Nadal

Ao longo deste trimestre e coincidindo coa estación do outono o alumnado elaborou murais dos que deixamos mostra nas imaxes.

 

Por outra banda, a partir destes días, as diversas actividades complementarias do centro versarán sobre a celebración do Nadal.

Cada clase trasladará os seus Desexos para o Nadal e o alumnado deseñará unha felicitación para o concurso organizado pola Anpa. Deste concurso sairá a postal navideña coa que se felicitarán as festas á comunidade educativa.

Como broche final, teremos o venres 21 de decembro a visita de Papá Noel e un festival con actuacións por niveis no que haberá panxoliñas, baile...

PLANTACIÓN DE ÁRBORES

Hai case un ano o Concello de Narón comezou a construción do novo pavillón dentro do noso recinto escolar. Naquel momento, aínda que con moita dor por parte de toda a comunidade educativa, foi necesario talar varias árbores. O martes 17, en compensación a aquela perda, estivemos plantando baixo a auga de abril. Grazas á nosa participación en Voz Natura puidemos facernos con doce exemplares de diversas árbores e arbustos: pícea, oliveira, salgueiro, carballo, loureiro, buxo, teixo, magnolia grandiflora, magnolia loebneri, araucaria, arce e acivro. Mollámonos, pero estaba todo pensado, dixéronnos que había que regalas moito estes meses. Cada clase tiña asignada unha árbore e agora temos que cuidala, regala e aloumiñala. Uns marcharán nuns meses para o instituto, pero a outros vailles tocar protexelas durante case nove anos. Contamos con que estas árbores e arbustos teñan unha longa vida e nos acompañen a nós e aos que teñan que vir despois. Oxalá os netos dos que hoxe plantaron teñan o pracer de desfrutar algún día da súa sombra.

Podes consultar aquí a noticia na edición ferrolana de La Voz de Galicia do 18 de abril. Tamén tes a opción de ver a galería de imaxes.

 

O blog da natureza da Solaina

Este curso estamos a participar no Programa de Voz Natura a partires das propostas levadas a cabo polo mestre X. Nel Comba, coordinador do programa no centro.

Neste enlace tendes o blog: Biodiversidade vexetal nun contorno urbán, sobre a natureza do noso centro no que o alumnado participa cos seu traballos e comentarios.

 

 

O noso particular DÍA DA PAZ

Hoxe, día 31 de xaneiro, dende o Colexio, e coa inestimable colaboración do alumnado e das familias, rendemos a nosa particular homenaxe á PAZ. Así, mentres noutros lugares conmemorouse segundo a súa cultura e tradición esta data, nun recuncho da Ría de Ferrol, e entre os históricos Castelos de San Felipe e A Palma, léronse manifestos pola Paz segundo a visión que os nenos/as destas edades teñen da mesma.

Lembramos especialmente nun día como hoxe os lugares e as persoas que non son tan afortunados coma nós e viven en situacións de guerra, conflictos...

Sobran palabras para expresar os nosos sentimentos ante a Paz... así que deixamos que as imaxes e a música falen por si soas.

Aquí vos deixamos o manifesto feito por Alberto Reboredo e Rebeca Pena para lembranza de todos.

 

30 de xaneiro. Día da PAZ 2012

Faltan cinco días para a conmemoración do Día da Paz...¡e xa está confirmado que seremos máis de 600!

O 30 de xaneiro, é un día moi importante para o que estamos traballando no Colexio. É, nin máis nin menos, que o día que celebraremos o DÍA DA PAZ.

Para conmemorar esta data como se merece, o profesorado de A Solaina está traballando na organización dunha actividade aberta tanto ao alumnado como aos pais, nais...: A tarde do día 31 iremos en lancha dende o Peirao de Ferrol ata o interior da Ría para alí realizar unha ofrenda floral, ler manifestos a prol da paz-tarefa na que están inmersos os alumnos de 3º ciclo- e, se cadra, o máis emocionante, cantar a cantiga que están a ensaiar dende infantil ata 6º de primaria.

Como unha actividade deste tipo requeire dunha organización precisa, por favor, seguide ao tanto nesta web pois, nos vindeiros días, informaremos do punto de encontro, da hora...

¡Todo é pouco para lembrar a importancia da Paz! Contamos contigo.

CELEBRANDO O SAMAÍN (20 outubro 2011)

 

Como xa vimos realizando tradicionalmente no noso centro co motivo do Samaín, este xoves 20 de outubro, realizáronse uns obradoiros de  cabazas nos que participaron nenos e nenas de distintos cursos. Nestes obradoiros contouse coa participación de monitores aportados polo Servicio Sociocomunitario do Concello de Narón.

Algunhas destas cabazas están expostas no hall do centro.

 

Distribuir contido