Escolares, Ed. física, Idioma extranxeiro, Infantil, Música, 1º Ciclo, 2º Ciclo, 3º Ciclo, Relixión
Obradoiro sobre a linguaxe de signos
A Asociación de Persoas Xordas de Ferrol, durante o mes de decembro, está a realizar unha Campaña de sensibilización dirixida principalmente ao alumnado de 1º de primaria dos colexios de Narón.
Esta Campaña achega ao alumnado máis pequeno a linguaxe de signos a través do visionado de vídeos, xogos... dun xeito lúdico e participativo.
XORNADAS DE BALONMÁN.26 e 30 DE NOVEMBRO DO 2015.
O xoves 26 e o luns 30 de novembro os alumnos-as de 3º,4º e 5º de primaria tiveron a oportunidade de coñecer a práctica do deporte do balonmán nas instalacións do pavillón escolar.Coa colaboración do clube balonmán Narón, un dos seus técnicos veu ate o colexio para amosar aos alumnos-as os principios e as técnicas básicas de este deporte de equipo.
Estas sesións de demostaración leváronse a cabo no pavillón escolar cos diferentes grupos de alumnos-as, segundo o seu horario de clases de Educación física.Foron organizadas polo equipo de Educación física do colexio xunto co técnico do clube Balonmán Narón, dentro do programa para achegar aos alumnos-as ao coñecemento e a práctica de outros deportes no seu tempo de lecer.
Nas seguintes imaxes podedes ver a súa participación nestas actividades deportivas.
Profundizando nas profesións
No marco do "Programa de charlas acerca das diferentes profesións" que se está a celebrar co alumnado de 2º de Educación Primaria, programa co que se pretende profundizar nas profesións dos seus pais, esta mañá tivo lugar a ponencia "A Policía Local" a cargo de Jaime Alberto Domínguez, policía local de Ferrol.
Durante a súa intervención, ademais de presentar o día a día do seu traballo, mantivo un coloquio co alumnado e deu resposta ás principais curiosidades deles acerca da súa profesión.
O entusiasmo de todos os presentes, nas imágenes da galería.
AVISO
INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 2º EDUCACIÓN PRIMARIA
A reunión de 2º primaria adíase para o martes, 13 de outubro, ás 17.30 h nas
aulas.
Desculpen as molestias.
Aviso
Infórmase ás familias do alumnado de 6º de Educación Primaria que a reunión convocada para o martes, 29 de setembro, adíase para o martes, 6 de outubro ás 18.00h.
Os instrumentos tradicionais na educación primaria
O inicio do curso o alumnado de 1º e 2º de educación primaria festexouno participando nun obradoiro sobre a "Música e os instrumentos musicais tradicionais".
As actividades promovidas polo Padroado de Cultura permitiron que o noso centro recibira á Xove Banda de Música de Narón e así, achegar a música e os instrumentos tradicionais da nosa cultura aos máis noveis da educación primaria.
Imaxes da galería e fermoso vídeo da Asociación Cultural Musical Sementeira
2ª XORNADA DE BALONVOLEA 16-9-2015.
O mércores 16 de setembro tivo lugar a 2ª xornada de balonvolea para os alumn@s de 5º e 6º cursos de primaria nas instalacións do pavillón escolar.
Organizada polo clube Narón volea,os alumn@s asistiron a unha clase práctica para coñecer este deporte, dirixida pol@s adestradores-as do equipo.
Por último, @s alumn@s recibiron información sobre o lugar e días de adestramento de este clube, para nen@s da súa categoría. Podedes ver algunhas imaxes da clase demostrativa nesta mesma páxina.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »